Dmitri Mendeleiev

químico ruso
(Redirección desde «Mendeleiev»)

Dmitri Ivánovich Mendeléiev (ruso: Дмитрий Иванович Менделеев), nado en Tobolsk o 8 de febreiro de 1834 e finado en San Petersburgo o 2 de febreiro de 1907, foi un químico ruso, coñecido internacionalmente por ser o deseñador da Táboa periódica dos elementos.

Modelo:BiografíaDmitri Mendeleiev

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ru) Дмитрий Иванович Менделеев Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ru) Дмитрій Ивановичъ Менделѣевъ Editar o valor en Wikidata
8 de febreiro de 1834 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Tobolsk (Imperio Ruso) Editar o valor en Wikidata
Morte20 de xaneiro de 1907 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata (72 anos)
San Petersburgo (Imperio Ruso) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaLiteratorskie mostki Editar o valor en Wikidata
Catedrático de universidade Imperial St. Petersburg University (en) Traducir
1865 – 1890
Catedrático de universidade St. Petersburg Practical Institute of Technology (en) Traducir
1863 – 1872
Privatdozent Universidade Estatal de San Petersburgo
9 de xaneiro de 1857 – 1865
Senior professor (en) Traducir Liceu Richelieu (pt) Traducir
1855 – 1856 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónDeísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónMain Pedagogical Institute (en) Traducir (1850–1855)
Universidade Estatal de San Petersburgo
Saint Petersburg State Institute of Technology (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de teseAlexander Voskresensky (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoQuímica, física, economía, xeoloxía, Metroloxía, elemento químico e táboa periódica dos elementos Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónquímico, profesor universitario, físico, economista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorSt. Petersburg Practical Institute of Technology (en) Traducir (1863–1872)
Imperial St. Petersburg University (en) Traducir (1857–1890)
Liceu Richelieu (pt) Traducir (1855–1856)
Universidade Estatal de San Petersburgo Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosDmitri Konovalov (en) Traducir, Valery Gemilian (en) Traducir, Alexander Baykov (en) Traducir, Alexey Potylitsyn (en) Traducir e Sergei Mikhailovich Prokudin-Gorskii Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoDmitri Konovalov (en) Traducir, Boris Weinberg (en) Traducir, Gavriil Gustavson (en) Traducir e Venyamin Klyachkin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAnna Ivanova Popova (1882–valor descoñecido)
Feozva Nikitichna Leshcheva (1862–1882) Editar o valor en Wikidata
FillosVladimir Mendeleev
 () Feozva Nikitichna Leshcheva
Ljubow Dmitrijewna Blok
 () Anna Ivanova Popova
Vasiliy Mendeleev
 () Anna Ivanova Popova Editar o valor en Wikidata
PaiIvan Pavlovich Mendeleyev Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopédia militar Sytin (pt) Traducir
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
New Encyclopedic Dictionary (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1332367 WikiTree: Mendeleev-2 Find a Grave: 14716012 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Nado nunha familia numerosa, o menor de dezasete irmáns, era fillo de Iván Pávlovich Mendeléyev e María Dmítrievna Mendeléyeva.[1][2] Ivan traballaba como director de escola e profesor de belas artes, política e filosofía nos institutos de Tambov e Saratov.[3] O mesmo ano do seu nacemento seu pai perdeu o sentido da vista, perdendo así o seu traballo de director do colexio da vila, polo que súa nai tivo que facerse cargo do mantemento da familia e dirixir a fábrica de cristal que fundara o seu avó. Nesta fábrica foi onde Dmitri adquiriu o amor polas ciencias.

Ao pouco de rematar Mendeleiev o bacharelato morreu seu pai e incendiouse a fábrica da familia e súa nai decidiu investir os cartos aforrados na súa educación no canto de reconstruír a fábrica, polo que se trasladou a Moscova con parte da familia para que Dmitri estudase na universidade; porén, non foi admitido nin na de Moscova nin na de San Petersburgo, xa que non se aceptaba a ninguén que non fose da capital do país. Tivo que completar os seus estudos no Instituto Pedagóxico de San Petersburgo.

A pesar de pasar os últimos anos de estudos na enfermaría a causa dun diagnóstico de tuberculose graduouse en 1855 coma o primeiro da súa clase e presentando a súa primeira memoria sobre química, O isomorfismo en relación con outros puntos de contacto entre as formas cristalinas e a composición.

Presentou a tese Sobre volumes específicos para acadar a praza de mestre de escola e a tese Sobre a estrutura das combinacións silíceas para conseguir a de cátedra de química na Universidade de San Petersburgo, aos 23 anos xa tiña ao seu cargo un curso en dita universidade.

Anos despois grazas a unha bolsa puido trasladarse a cidade alemá de Heidelberg para ampliar os seus estudos, onde coñeceu algúns dos químicos máis destacados da época. Realizando estudos xunto a científicos coma Kirchhoff ou Bunsen a raíz dos cales publicou un artigo, A cohesión dalgúns líquidos e sobre o papel da cohesión molecular nas reaccións químicas dos corpos. Puido realizar este traballo grazas a uns aparatos de precisión encargados en París cos que atopou a temperatura absoluta de ebulición e descubriu por que algúns gases non se podían licuar, porque se atopaban por encima da temperatura de ebulición.

Participou no Congreso de Karsruhe onde quedou impresionado polas ideas sobre o peso dos elementos planteadas por Cannizzaro, ao seu regreso a San Petersburgo influirían fortemente nunha das súas principais obras desa prolífica época, Química orgánica.

En 1864 foi nomeado profesor de Tecnoloxía e Química no Instituto Tecnolóxico de San Petersburgo[4] e tres anos despois ocupou a cátedra de Química na Universidade desa mesma cidade, onde estudou o isomorfismo, a compresión dos gases e as propiedades do aire enrarecido, permaneceu nesa cátedra 23 anos.

Mendeleiev era partidario de reformas no sistema educativo ruso polo que se presentou á presidencia da Academia Imperial de Ciencias, pero non saíu escollido a causa do seu liberalismo. Causa tamén do fin da súa cátedra, ao intervir en 1890 a favor dos estudantes entregar unha carta ao ministro de Instrución Pública dirixida ao tsar.

Tamén foi o director da Oficina de Pesos e Medidas en 1893.

Vida persoal

editar

Casou en 1862 con Feozva Nikítichna Lescheva,[5] matrimonio do que tivo tres fillos: Olga, Vladimir e Iván, un dos cales faleceu. Pero non foi un matrimonio feliz, vivindo separados dende 1871. Tras anos de intentos conseguiu o divorcio da súa primeira muller, tendo así liberdade para casar con Anna Ivánovna Popova, 26 anos máis nova que el, superando tamén as reticencias da familia dela.

Do seu segundo matrimonio tivo dous xemelgos e unha filla, a maior, chamada Liubov que se converteu na esposa do famoso poeta ruso Aleksander Blok.

Traballo científico

editar
 
A táboa periódica orixinal de Mendeleiev.
 
Época de descubrimento dos elementos: Mendeleiev contaba cos vermellos, laranxas e amarelos

Ocupouse de problemas químico-físicos relacionados co espectro de emisión dos elementos, seguindo os traballos de análise espectral de Bunsen e Kirchoff. Determinou volumes específicos e analizou as condicións de licuefación dos gases, así como a orixe dos petróleos.

A súa investigación principal deu nacemento ó enunciado da lei periódica dos elementos, base do sistema periódico ó que se lle acostuma engadir o seu nome. En 1869 publicou o seu libro Principios de química, no que desenvolvía a lei e deseñaba a Táboa Periódica.

A pesar de que este sistema de clasificación non era o primeiro que se baseaba nas propiedades dos elementos químicos, coma a súa valencia, si que incorporaba notabeis melloras, como a combinación dos pesos atómicos e as semellanzas entre elementos, ou o feito de reservar espazos en branco para elementos aínda non descubertos, coma o eka-aluminio ou galio (descuberto por Boisbaudran en 1875), o eka-boro ou escandio (Nilson, 1879) ou o eka-silicio ou xermanio (Winker, 1886).

Totalmente convencido da validez da súa clasificación e co fin de atopar acomodo na taboa a algúns elementos Mendeléiev alterou o valor do peso atómico considerado correcto ata entón para estes elementos, modificacións que con posterioridade a experimentación confirmou.

Poucos anos máis tarde, en 1894, o descubrimento de certos gases nobres (neon, cripton, argon, xenon, radon e helio) na atmosfera, efectuado polo químico británico William Ramsay, a táboa periódica de Mendeléiev sufriu a ampliación dunha nova columna.

Falta un elemento neste sitio e, cando sexa atopado, o seu peso atómico colocarao antes do titanio. Ao descubrir o oco colocará os últimos elementos da columna nas ringleiras correctas, o titanio correspondese co carbono e o silicio.

.

Recoñecementos

editar
 
Medalla Mendeleiev.

No ano 1955 nomeouse na súa honra a un elemento químico sintético, de número atómico 101, o mendelevio (Md).

A Academia de Ciencias de Rusia recoñece dende o ano 1998 coa Medalla Mendeleiev os avances na química e na tecnoloxía.

Na súa honra foi nomeado un cráter de impacto na Lúa.

  1. Rao, C N R; Rao, Indumati (2015). Lives and Times of Great Pioneers in Chemistry: (Lavoisier to Sanger). World Scientific. p. 119. ISBN 978-981-4689-07-6. 
  2. Maria Mendeleeva (1951). D. I. Mendeleev's Archive: Autobiographical Writings. Collection of Documents. Volume 1 // Biographical notes about D. I. Mendeleev (written by me – D. Mendeleev), p. 13. – Leningrad: D. I. Mendeleev's Museum-Archive, 207 páxinas (en ruso)
  3. Maria Mendeleeva (1951). D. I. Mendeleev's Archive: Autobiographical Writings. Collection of Documents. Volume 1 // From a family tree documented in 1880 by brother Pavel Ivanovich, p. 11. Leningrad: D. I. Mendeleev's Museum-Archive, 207 páxinas (en ruso)
  4. Heilbron 2003, p. 509.
  5. "Семья Д.И.Менделеева". Rustest.spb.ru. Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2010. Consultado o 13 de marzo de 2010. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar