Martín Torrado Mariño

Martín Torrado Mariño y Figueira nado en Santa María de Leiro, Rianxo, e bautizado o 2 de decembro de 1621, foi un sacerdote galego,[1] coñecido por ser o autor da composición poética "Décimas ao Apóstolo Santiago", en lingua galega.

Martín Torrado Mariño
Nacementoséculo XVII
Lugar de nacementoLeiro
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónsacerdote católico
editar datos en Wikidata ]
Décimas ao Apóstolo Santiago (S).

TraxectoriaEditar

O seu pai, Juan da Figueira Torrado, nacera en Isorna e descendía dos Torrados do pazo de Asados; o seu bisavó fora Fernán Mariño, señor da casa e do pazo de Vimieiro en Boiro. A súa nai, unha Somoza, naceu en Leiro.

Foi Colexial de Fonseca, onde desfrutou dunha bolsa de teólogo. En 1627 opositou e gañou cátedra. Desde entón desempeñou a “Regencia de Medianos”. En 1645 obtén a bolsa en teoloxía e, en 1651, foi elixido reitor do Colexio de Fonseca (despois de exercer de abade en Urdilde entre 1622 e 1630 e San Miguel de Boullón), un ano antes da súa morte.

NotasEditar

  1. Santos Suárez, Jesús (2005). "Torrado Mariño y Figueira, Martín". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8. Sacerdote e poeta académico do século XVII que naceu en Leiro (Rianxo, A Coruña) en 1621 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar