Francisco Romero Lema

escritor galego

Francisco Romero de Lema, nado en Baio (Zas) en 1903 e finado na mesma parroquia o 27 de novembro de 1972, foi un escritor galego, un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos. Empregou o pseudónimo de Rosendo Ruiz.

Francisco Romero Lema
Nacemento1903
 Baio
Falecemento27 de novembro de 1972
 Baio
Causaaccidente de tráfico
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

O 12 de outubro de 1923, na casa da infancia de Rosalía de Castro en Ortoño, xunto con Fermín Bouza Brey, Wenceslao Requejo Bouet, Xosé Pena Pena, Lois Tobío Fernández, Ramón Martínez López, Manoel Magariños Negreira, Alberte Vidán Freiría e Xosé Filgueira Valverde, fundou o Seminario de Estudos Galegos.[1]

Licenciado en Filosofía e Letras, tentou demostrar, a través da análise da súa lingua, a procedencia galega de Cristovo Colón e adicou parte da súa vida a divulgar a figura do seu paisano Enrique Labarta Pose, escritor.

Finou nun accidente de tráfico cando volvía da misa á casa.[2]

Obra editar

  • Enrique Labarta Pose (1863-1925), A Coruña, El Correo Gallego, 1928.
  • La lengua de Cristóbal Colón, A Coruña, Editorial Moret, 1969.[3]
  • "Enrique Labarta Pose" en Bayo en fiestas, Santiago de Compostela, 1970.

Póstuma editar

  • Prosas recuperadas: o periodismo de Manuel Murguía: (antoloxía básica, 1853-1923), 194 pp. , Fundación Caixa Galicia, 1998.
  • Vocabulario de Soneira, edición e notas de Xosé María Rei Lema. Anexo 6 de Cadernos da Lingua, 195 pp., A Coruña, RAG, 2000, ISBN 978-84-87987-40-3.[4]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar