Leiro, Rianxo
Santa María de Leiro é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Rianxo. Segundo o padrón municipal (INE 2018) tiña 953 habitantes (482 mulleres e 471 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.075 habitantes e ao ano 2013 cando tiña 1.019 habitantes.
Leiro | |
---|---|
Vista de Leiro dende o monte da Pena | |
Concello | Rianxo[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°39′19″N 8°46′42″O / 42.65527778, -8.77833333Coordenadas: 42°39′19″N 8°46′42″O / 42.65527778, -8.77833333 |
Poboación | 947 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Esta parroquia e máis a de Santa Comba de Rianxo, do mesmo concello, son os únicos puntos de Galicia nos que se conserva o uso dialectal do xerundio conxugado[2].
Patrimonio
editar- Pazo de Brión: pazo barroco compostelán da familia Torrado, construído en 1310 e reconstruído en 1610. Sufriu unha nova remodelación en 1786.
Leiro na cultura popular galega
editar- Quérenme as nenas de eiquí/ e as da banda de Leiro,/ se me collen en Rianxo/ berraranme en Abanqueiro[3].
Festas
editarAs festas de Leiro na honra á Virxe do Carme celébranse a segunda fin de semana de outubro.
Galería de imaxes
editarLugares e parroquias
editarLugares de Leiro
editarLugares da parroquia de Leiro no concello de Rianxo (A Coruña) | |
---|---|
Abuín | Brión | Cabanas | A Igrexa | Meiquiz | Or | Palleiro | A Pedreira | Rañó | Rial |
Parroquias de Rianxo
editarGalicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Rianxo | |
---|---|
O Araño (Santa Baia) | Asados (Santa María) | Isorna (Santa María) | Leiro (Santa María) | Rianxo (Santa Comba) | Taragoña (San Salvador) |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Aspectos dubidosos de carácter gramatical e léxico da lingua galega,p. 32. Realmente, a fonte cita erroneamente a parroquia de Santa Marta de Leiro, por Santa María de Leiro.
- ↑ Exemplo da confrontación entre parroquias lindeiras: Leiro (de Rianxo) e Abanqueiro (de Boiro). Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 162.