Abuín, Leiro, Rianxo

lugar da parroquia de Leiro, no concello de Rianxo

Abuín é un lugar da parroquia de Leiro, no concello de Rianxo. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 110 habitantes (49 homes e 61 mulleres).

Abuín

Zona nova de Abuín, en desenvolvemento.
ParroquiaLeiro
ConcelloRianxo
Coordenadas42°38′43″N 8°47′12″O / 42.645389743589, -8.7867384866002Coordenadas: 42°38′43″N 8°47′12″O / 42.645389743589, -8.7867384866002
Poboación110 hab. (2013)
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

O primitivo asentamento de Abuín foi abandonado a partir dos séculos XIV-XVI, posiblemente porque morrera a maioría dos habitantes a consecuencia dalgunha epidemia de peste bubónica. Aínda así corren distintas lendas que atribúen o abandono do lugar ós ataques dos viquingos, teoría improbable, ou a unha maldición por cousa do tesouro que os veciños roubaran no mosteiro da Armenteira e entregaran ó cura para que o agochara. O cura morreu esa noite e seguíronlle numerosos veciños ó pouco tempo. Aínda que intentaron recupera-lo tesouro para devolvelo ó mosteiro, e así zafarse da maldición, nunca foi atopado e os poucos que sobreviviron tiveron que fuxir. Desta lenda vénlle o nome popular de "Aldea maldita".

Castelao recolleu esta lenda nunha das súas Cousas, baixo o título de "A aldea esquecida" [1], como unha historia que lle contara a súa avoa. Tamén está inspirada nesta lenda a novela O alento nas costas, de Natalia Carou[2].

Galería de imaxes editar

Lugares e parroquias editar

Lugares de Leiro editar

Lugares da parroquia de Leiro no concello de Rianxo (A Coruña)

Abuín | Brión | Cabanas | A Igrexa | Meiquiz | Or | Palleiro | A Pedreira | Rañó | Rial

Parroquias de Rianxo editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Rianxo

O Araño (Santa Baia) | Asados (Santa María) | Isorna (Santa María) | Leiro (Santa María) | Rianxo (Santa Comba) | Taragoña (San Salvador)

Notas editar

  1. Publicada previamente, se ben de forma esquemática, en Nós 30.12.1920.
  2. "Carou Figueira, N. (2012). O alento nas costas. A Coruña: Baía Edicións". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 03 de outubro de 2012. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Marta Gómez: "Siglos de miedo en una aldea de Rianxo" en La Voz de Galicia, 19.10.2008.
  • Marta Gómez: "La maldición de Abuín" en La Voz de Galicia, 26.10.2008.