Rianxo, Rianxo

parroquia civil do concello de Rianxo

Santa Comba de Rianxo é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Rianxo. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 4.856 habitantes (2.418 homes e 2.438 mulleres), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que representa un aumento en relación ao ano 2004 (cando tiña 4.374 habitantes) e ao ano 1999 (cando tiña 4.251 habitantes).

Rianxo
Igrexa de Santa Comba de Rianxo.
ConcelloRianxo[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°38′56″N 8°49′02″O / 42.6489, -8.8172
Poboación4.746 hab. (2019)
Entidades de poboación11[1]
editar datos en Wikidata ]

Esta parroquia e mais a de Leiro, do mesmo concello, son os únicos puntos de Galicia nos que se conserva o uso dialectal do xerundio conxugado [2].

Festas

editar

As festas patronais celébranse no mes de setembro, na honra á Virxe de Guadalupe; é unha romaría de moita sona en toda a comunidade.

editar
  • Señor San Bartolomeu/ feito de pau de sanguiño/ líbrame, santo bendito/ do lobo de Rianxiño [3].

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Rianxo

editar
Lugares da parroquia de Rianxo no concello de Rianxo (A Coruña)

A Barraca | O Barral | Bispo Araúxo | O Bosque | A Carballeira | As Cortes | O Cruceiro | O Pazo | Rianxiño | Rianxo | O Xogo dos Bolos

Parroquias de Rianxo

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Rianxo

O Araño (Santa Baia) | Asados (Santa María) | Isorna (Santa María) | Leiro (Santa María) | Rianxo (Santa Comba) | Taragoña (San Salvador)

  1. 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. Aspectos dubidosos de carácter gramatical e léxico da lingua galega, 32. Realmente, a fonte cita erroneamente a parroquia de Santa Marta de Leiro, por Santa María de Leiro.
  3. Refírese a unha capela dedicada a este santo, nuns cons de Rianxo. Rianxiño é un lugar da parroquia de Santa Comba de Rianxo. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 184.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar