Manuel Simón Campos

guerrilleiro antifranquista galego

Manuel Simón Campos, coñecido como Xanote e Luis Peña, nado en Lavadores en 1914 e finado o 21 de maio de 1947, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Manuel Simón Campos
Nacemento1914
Lugar de nacementoLavadores
Falecemento21 de maio de 1947
Lugar de falecementoLavadores
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistencia
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Foi repartidor de peixe no peirao do Berbés e militante do PCE. Mobilizado en 1936, desertou para estar coa súa muller e o seu fillo acabado de nacer, e permaneceu agochado. En 1938 integrouse no grupo de Rogelio García Morales O Maletas. En 1939 presentouse ao chamamento do Gobernador civil de Pontevedra Manuel Gómez Cantos, que prometeu unha amnistía, e pola súa condición de desertor foi obrigado a repetir o tempo do servizo militar. Destinado a un Rexemento con gornición en Zaragoza, aproveitando un permiso fuxiu de forma definitiva a mediados de 1941.

En 1943 contactou co PCE que pretendía organizar a guerrilla no sur da provincia de Pontevedra. En abril de 1943 foi procesado por roubo e asasinato do veciño de Petelos Fructuoso Costas Giráldez (o garda cívico que rematou a Manuel González Fresco), con José García Morales, Ramón Pereira Antelo, José Luís Quintas Figueroa e Abraham Lloriente Sánchez.[1] En 1946 creou o destacamento Paco Barreiro integrado na V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia con Avelino Otero Montes como lugartenente. No grupo integráronse os fuxidos pola represión policial Basilio Calvar Solla, Agustín Álvarez Araujo e Claudio Rodríguez Vázquez. Foi acusado co seu lugartenente Avelino Otero da morte do falanxista de Cabral Eusebio Lago Campos acontecida o 30 de xaneiro de 1947.[2] Morreu o 21 de maio de 1947 nun enfrontamento coa Garda civil preto de Lavadores. Con el faleceu Avelino Otero Montes. Foron detidos Ramón Villar Paz e Eladio Covelo Álvarez.

Notas editar

  1. Requisitoria, El Pueblo Gallego, 17-4-1943, p. 2.
  2. El Pueblo Gallego, 9-4-1947, p. 4.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Abad Gallego, Xoán Carlos (2005). Héroes o forajidos. "Fuxidos" y guerrilleiros antifranquistas en la comarca de Vigo. Vigo: Instituto de Estudios Vigueses. ISBN 84-89599-33-5. 
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 130. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas editar