Agustín Álvarez Araujo

guerrilleiro antifranquista galego

Agustín Álvarez Araujo, coñecido como Tito ou Caralladas, nado en Rorís (Teis, Vigo) en 1918 e finado en Vigo o 30 de maio de 1947, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Infotaula de personaAgustín Álvarez Araujo
Biografía
Nacemento1918 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte30 de maio de 1947 Editar o valor em Wikidata (28/29 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesTito
Caralladas Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Carpinteiro veciño do Paraixal (Teis) e militante do PCE. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi mobilizado e participou na guerra civil no exército franquista. Desertor do exército, estivo preso en Mozarrifar (Zaragoza). Foi novamente arrestado en 1945, pero logrou escapar. Uniuse ao grupo de Manuel Simón Campos, activo na área de Vigo e o sur da provincia de Pontevedra, en outubro de 1946. En novembro de 1946 incorporouse ao destacamento Paco Barreiro da V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Morreu nun enfrontamento coa Garda Civil, detrás da Praza de Abastos, en Teis o 30 de maio de 1947.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Abad Gallego, Xoán Carlos (2005). Héroes o forajidos. "Fuxidos" y guerrilleiros antifranquistas en la comarca de Vigo. Vigo: Instituto de Estudios Vigueses. p. 464. ISBN 84-89599-33-5. 
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. pp. 34–35. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas editar