Avelino Otero Montes

guerrilleiro antifranquista galego

Avelino Otero Montes, coñecido como Avelino e Manuel López, nado en Lavadores en 1919 e finado o 21 de maio de 1947, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Avelino Otero Montes
AlcumeAvelino
Nacemento1919
Lugar de nacementoVigo
Falecemento21 de maio de 1947
Lugar de falecementoVigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistencia
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Xornaleiro e militante do PCE. Afiliado ao Ateneo comunista de Cabral. O seu irmán José foi paseado en 1936. Mobilizado en 1937, logrou pasarse ao bando leal. Foi detido en Valencia o 31 de marzo de 1939 e condenado a prisión. Pasou por varios campos de concentración de levante e finalmente foi obrigado a incorporarse a un Rexemento de gornición en Zaragoza. Reclamado polas autoridades, foi enviado á cadea zaragozana de Mozarrifar. Saíu en liberdade vixiada en abril de 1942. Reclamado novamente polas autoridades militares de Zaragoza, decidiu botarse ao monte e integrouse na guerrilla de José García Morales en 1943. En 1946 pasou ao destacamento Paco Barreiro da V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, comandado por Manuel Simón Campos, converténdose no seu secretario político. Foi acusado con Manuel Simón Campos da morte do falanxista de Cabral Eusebio Lago Campos acontecida o 30 de xaneiro de 1947.[1] Morreu o 21 de maio de 1947 xunto con Manuel Simón Campos nun enfrontamento coa Garda civil preto de Lavadores. Foron detidos Ramón Villar Paz e Eladio Covelo Álvarez.

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 9-4-1947, p. 4.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Abad Gallego, Xoán Carlos (2005). Héroes o forajidos. "Fuxidos" y guerrilleiros antifranquistas en la comarca de Vigo. Vigo: Instituto de Estudios Vigueses. p. 462. ISBN 84-89599-33-5. 
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 103. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas editar