José García Morales

guerrilleiro antifranquista galego

José García Morales, Maletas, nado en Vigo e finado no Porriño o 14 de agosto de 1945, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

José García Morales
AlcumeMaletas
Lugar de nacementoVigo
Falecemento14 de agosto de 1945
Lugar de falecementoO Porriño
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistencia
IrmánsRogelio García Morales
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 loitou nas barricadas de Lavadores. En 1938 organizou co seu irmán Rogelio García Morales un grupo guerrilleiro composto por comunistas e anarquistas. Logo da morte do seu irmán en Vilar de Infesta (Redondela) o 15 de outubro de 1939, reorganizou o grupo con Avelino Otero Montes, pero xa baixo o control de Manuel Simón Campos. O grupo operou nos montes de Mos e realizou varias accións en Tameiga, Petelos, Nordales e Ponte de Guizo. En abril de 1943 foi procesado por roubo e asasinato do veciño de Petelos Fructuoso Costas Giráldez (o garda cívico que rematou a Manuel González Fresco), con Ramón Pereira Antelo, José Luís Quintas Figueroa, Manuel Simón Campos e Abraham Lloriente Sánchez.[1] En 1944 o grupo de supervivientes uníronse ao grupo de Benigno Andrade García "Foucellas". Integrouse no destacamento Paco Barreiro. O 14 de agosto de 1945, estabeleceron un control na estrada de Vigo a Ourense e apoderáronse de 32.000 pesetas nun vehículo da empresa "Distribuidora de Huevos de Jimeno y Cía". O grupo foi perseguido pola Garda Civil e José García foi abatido no monte Saramagoso (na parroquia de Louredo) xunto con Urbano Fernández Bastos.

Notas Editar

  1. Requisitoria, El Pueblo Gallego, 17-4-1943, p. 2.

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar

  • Abad Gallego, Xoán Carlos (2005). Héroes o forajidos. "Fuxidos" y guerrilleiros antifranquistas en la comarca de Vigo. Vigo: Instituto de Estudios Vigueses. ISBN 84-89599-33-5. 
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 73. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas Editar