Rogelio García Morales
guerrilleiro antifranquista galego
Rogelio García Morales, Maletas, nado Vigo e finado en Redondela o 15 de outubro de 1939, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Rogelio García Morales | |
---|---|
Alcume | Maletas |
Lugar de nacemento | Vigo |
Falecemento | 15 de outubro de 1939 |
Lugar de falecemento | Vilar de Infesta |
Nacionalidade | España |
Ocupación | membro da resistencia |
Irmáns | José García Morales |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Desertou do exército. En 1938 organizou co seu irmán José García Morales un grupo guerrilleiro ao que se incorporou en 1939 o militante comunista Claudio Rodríguez Vázquez. O grupo estaba composto por comunistas e anarquistas. O 15 de outubro de 1939, o seu grupo foi rodeado pola Garda Civil en Vilar de Infesta (Redondela), Rogelio resultou ferido grave polo tiro accidental do seu compañeiro Jesús Lago González, e foi logo rematado por outro, mentres que o resto dos guerrilleiros conseguiron escapar. Logo da súa morte, o seu irmán José reorganizou o grupo pero xa controlado por Manuel Simón Campos.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Abad Gallego, Xoán Carlos (2005). Héroes o forajidos. "Fuxidos" y guerrilleiros antifranquistas en la comarca de Vigo. Vigo: Instituto de Estudios Vigueses. ISBN 84-89599-33-5.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 73. ISBN 84-8485-231-8.