Ramón Pereira Antelo

guerrilleiro antifranquista galego

Ramón Pereira Antelo, coñecido como Parrillero, nado en Vigo, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Ramón Pereira Antelo
AlcumeParrillero
Nacementoséculo XIX
Lugar de nacementoVigo
Falecementoséculo XX
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmilitar e guerrilleiro
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Zapateiro e militante do PCE. Logo de golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e botouse ao monte. En 1938 formou un grupo cos irmáns Rogelio e José García Morales (os Maletas), Manuel Simón Campos (Xanote), e Manuel Rodríguez Fernández (Manolo de Cabral), que actuaban na comarca de Vigo. Foi procesado con José García Morales na causa 771/1939.[1] Foi acusado da morte do garda xurado Manuel Pereiro Bernárdez con José García Morales, Julio Guillén Biel e José Luís Quintas Figueroa.[2] En 1940 desfíxose o grupo. En abril de 1943 foi procesado por roubo e asasinato do veciño de Petelos Fructuoso Costas Giráldez (o garda cívico que rematou a Manuel González Fresco), con José García Morales, José Luís Quintas Figueroa, Manuel Simón Campos e Abraham Lloriente Sánchez.[3] En 1946 naceu o Destacamento Paco Barreiro do Exército Guerrilleiro de Galicia, e Ramón Pereira desapareceu por esas datas.

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 30-1-1940, p. 2.
  2. El Pueblo Gallego, 21-9-1940, p. 2.
  3. "Requisitoria", El Pueblo Gallego, 17-4-1943, p. 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 108. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas editar