Abraham Lloriente Sánchez
Abraham Lloriente Sánchez, coñecido como Madrileño, nado en Madrid cara a 1912 e finado en Xinzo (Ponteareas) o 15 de novembro de 1943, foi un guerrilleiro antifranquista.
Abraham Lloriente Sánchez | |
---|---|
Nacemento | 1912 |
Lugar de nacemento | Madrid |
Falecemento | 15 de novembro de 1943 |
Lugar de falecemento | Xinzo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | membro da resistencia |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Ferroviario asentado en Vigo, na República foi elixido vogal da sección xuvenil da agrupación local do Partido Republicano Radical Socialista que presidía José Acuña, en 1933.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte.[2] Reclamado por requisitoria en xuño de 1937 xunto con Roberto Oya Alonso, Álvaro Ballesteros Estévez, Guillermo Santos Caride, Eugenio González Fernández, Fermín Pais Alonso e outros veciños de Lavadores fuxidos,[3] foi xulgado por rebelión militar e declarado en rebeldía. Integrouse no grupo de José García Morales e Ramón Pereira Antelo cos que participou nalgunhas accións dende 1942. En abril de 1943 foi procesado por roubo e asasinato do veciño de Petelos Fructuoso Costas Giráldez (o garda cívico que rematou a Manuel González Fresco), con José García Morales, Ramón Pereira Antelo, Manuel Simón Campos e José Luís Quintas Figueroa.[4] Morreu asasinado en Xinzo o 15 de novembro de 1943.
Notas editar
- ↑ El Pueblo Gallego, 16-4-1933, p. 4.
- ↑ Requisitoria en El Pueblo Gallego, 10-9-1936, p. 4.
- ↑ El Pueblo Gallego, 18-6-1937, p. 2.
- ↑ Requisitoria, El Pueblo Gallego, 17-4-1943, p. 2.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 92. ISBN 84-8485-231-8.
Ligazóns externas editar
- Abraham Lloriente Sánchez na páxina web Nomes e Voces.