Guillermo Santos Caride

guerrilleiro antifranquista galego

Guillermo Santos Caride, coñecido como Quique, nado en Lavadores en 1913 e finado en Vigo o 15 de decembro de 1941, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Guillermo Santos Caride
AlcumeQuique
Nacemento1913
Lugar de nacementoVigo
Falecemento15 de decembro de 1941
Lugar de falecementoVigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistencia
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fundidor domiciliado no barrio de Naya de Lavadores. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi chamado a filas e desertou e estivo fuxido. Reclamado por requisitoria en xuño de 1937 xunto con Roberto Oya Alonso, Álvaro Ballesteros Estévez, Eugenio González Fernández, Abraham Lloriente Sánchez, Fermín Pais Alonso e outros veciños de Lavadores fuxidos,[1] foi declarado en rebeldía. Membro do grupo de José García Morales e o seu irmán. O seu irmán Jaime Santos Caride, de 15 anos, morreu nun enfrontamento coa Garda Civil o 10 de febreiro de 1938. Presentouse en 1939 ante o gobernador civil de Pontevedra Manuel Gómez Cantos. Volveu ao monte ante o temor a ser detido. En xullo de 1940 foi procesado por atraco e roubo con Amador García Coco e Manuel Rodríguez Fernández.[2] Decidiu vender aos seus antigos compañeiros, caendo pola súa delación Julio Guillén Biel e Jesús Lago González. A pesar diso foi xulgado en Vigo por rebelión militar e condenado a pena de morte. Foi fusilado no castelo do Castro de Vigo o 15 de decembro de 1941.

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 18-6-1937, p. 2.
  2. Requisitoria, El Pueblo Gallego, 16-6-1940, p. 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 127. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas editar