Álvaro Ballesteros Estévez
Álvaro Ballesteros Estévez, coñecido como Barbas, nado en Vigo e finado en Becerreira (Cabral, Vigo) o 2 de abril de 1938, foi un panadeiro e guerrilleiro antifranquista galego.
Álvaro Ballesteros Estévez | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido |
Lugar de nacemento | Vigo |
Falecemento | 2 de abril de 1938 |
Lugar de falecemento | Becerreira |
Nacionalidade | España |
Ocupación | panadeiro e guerrilleiro |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Panadeiro na Travesía Ceboleira do Calvario, en Lavadores. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Reclamado por requisitoria en xuño de 1937 xunto con Roberto Oya Alonso, Guillermo Santos Caride, Eugenio González Fernández, Abraham Lloriente Sánchez, Fermín Pais Alonso e outros veciños de Lavadores fuxidos,[1]. e xulgado en Vigo por rebelión militar, foi declarado en rebeldía. Foi abatido nun monte en Becerreira o 2 de abril de 1938 xunto con Eduardo Araujo Conde nun enfrontamento cun destacamento falanxista da parroquia de Cabral. Como causa da morte figura "por disparos en colisión con la fuerza pública".
NotasEditar
- ↑ El Pueblo Gallego, 18-6-1937, p. 2.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Álvaro Ballesteros Estévez na páxina web Nomes e Voces.