Eduardo Araujo Conde
sindicalista e político galego
Eduardo Araujo Conde, nado en Vigo en 1900 e finado no mesmo concello o 2 de abril de 1938, foi un sindicalista e político galego.
Eduardo Araujo Conde | |
---|---|
Nacemento | 1900 |
Lugar de nacemento | Vigo |
Falecemento | 2 de abril de 1938 |
Lugar de falecemento | Vigo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político e sindicalista |
Irmáns | Marcial Araújo Conde |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Irmán de Marcial e Florencio Araujo Conde. Membro da dirección do Sindicato do Metal de Vigo e militante do PCE dende 1931, en maio de 1935 era o Secretario do Comité Rexional. Foi elixido compromisario para a elección do Presidente da República en maio de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Xulgado en Vigo por rebelión militar, foi declarado en rebeldía. Foi abatido o 2 de abril de 1938 xunto con Álvaro Ballesteros Estévez nun enfrontamento cun destacamento falanxista de Cabral.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Santidrián Arias, Víctor Manuel (2003). Historia do PCE en Galicia (1920-1968). Sada: Do Castro. p. 104. ISBN 978-84-8485-079-3.
Ligazóns externas editar
- Eduardo Araujo Conde na páxina web Nomes e Voces.