Manuel González Fresco
Manuel González Fresco, O Fresco, nado en Vigo o 20 de agosto de 1886 e finado en Ponteareas o 24 de decembro de 1936, foi un político galego.
Manuel González Fresco | |
---|---|
![]() | |
Alcume | Fresco |
Nacemento | 20 de agosto de 1886 |
Lugar de nacemento | Vigo |
Falecemento | 24 de decembro de 1936 |
Lugar de falecemento | Ponteareas |
Nacionalidade | España |
Ocupación | membro da resistencia |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo de Antonio González Romero, contratista de obras e empresario vigués. Membro da burguesía viguesa, cazador e magnífico tirador. De ideoloxía socialista, estaba aveciñado en Areas (Ponteareas). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na defensa de Lavadores contra os sublevados, como consecuencia, tivo que fuxir ao monte a fins de xullo. Moveuse polas bisbarras de Salvaterra de Miño, A Cañiza, Ponteareas. O 24 de decembro de 1936 un grupo de falanxistas e gardas civís matárono no monte Galleiro. O seu corpo permaneceu no monte ata o día 6 de xaneiro.
Vida persoalEditar
Casou en 1928 con Nieves Souto Alfaya,[1] que logo do golpe de Estado foi detida e estivo presa en Ponteareas.[2]
NotasEditar
- ↑ El Tea, 13-12-1928, p. 3.
- ↑ Martins Rodríguez, María Victoria (2011). "Cárceles y mujeres en Galicia durante el franquismo". Stud. hist., H.ª cont. (Universidad de Salamanca) (29): 87–117.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Freixanes, Víctor F. (1980). «O Fresco» Memoria dun fuxido 1936. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-002-7.
Ligazóns externasEditar
- Manuel González Fresco na páxina web Nomes e Voces.