Urbano Fernández Bastos
guerrilleiro antifranquista galego
Urbano Fernández Bastos,[1] coñecido como Fotógrafo ou Roque, nado en Cabral (Lavadores) e finado no Porriño o 14 de agosto de 1945, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Urbano Fernández Bastos | |
---|---|
Lugar de nacemento | Cabral |
Falecemento | 14 de agosto de 1945 |
Lugar de falecemento | O Porriño |
Nacionalidade | España |
Ocupación | membro da resistencia |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fotógrafo de Cabral. Integrouse en 1943 no grupo de Manuel Simón Campos. O 14 de agosto de 1945 o grupo estableceu un control na estrada de Vigo a Ourense, a tres quilómetros do Porriño e apoderáronse de 32.000 pesetas nun vehículo da empresa "Distribuidora de Huevos de Jimeno y Cía". Inmediatamente as forzas da Garda Civil estableceron un cerco para deter aos guerrilleiros e Urbano Fernández foi abatido no monte Saramagoso xunto con José García Morales.
NotasEditar
- ↑ Nalgunhas fontes aparece como Urbano Suárez Bastos.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Abad Gallego, Xoán Carlos (2005). Héroes o forajidos. "Fuxidos" y guerrilleiros antifranquistas en la comarca de Vigo. Vigo: Instituto de Estudios Vigueses. p. 479. ISBN 84-89599-33-5.