Manuel Bello Parga
Manuel Luis Bello Parga, coñecido como Manolito Bello e Luis Seijo Freire, nado na Coruña o 13 de xaneiro de 1925 e finado na mesma cidade o 11 de xullo de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de xaneiro de 1925 A Coruña, España |
Morte | 11 de xullo de 1946 (21 anos) A Coruña, España |
Causa da morte | pena de morte, garrote |
Outros nomes | Manolito Bello Luis Seijo Freire |
Actividade | |
Ocupación | maquis |
Partido político | Partido Comunista de España |
Membro de | |
Traxectoria
editarMilitante do Partido Comunista de España desde moi novo, participou no seu aparato de propaganda. As autoridades detivérono en maio de 1945 con José Blanco Núñez, José Soto Pombo e Francisco Cousillas Pombo por impresión e distribución de material subversivo. En xaneiro de 1946, pouco despois de saír en liberdade provisoria, uniuse ao Exército Guerrilleiro de Galicia. Foi responsable do destacamento Líster da IV Agrupación e pouco despois pasou á partida La Marina. Nesta participou en Cambre no atentado contra Manuel Doval Lemat, coñecido falanxista local.
Participou o 19 de maio no intento de sabotaxe contra un emisor de Radio Nacional de España na que morreu o xornalista de El Ideal Gallego Arcadio Vilela Gárate. No intercambio de disparos coa Garda Civil, Manuel Bello caeu prisioneiro. Torturado na prisión e sometido a consello de guerra, foi condenado ao garrote e executado na Prisión Provincial da Coruña o 11 de xullo de 1946.[1][2] Converteuse nun heroe para a resistencia antifranquista comunista e un dos seus destacamentos guerrilleiros levou o seu nome. Na actualidade, un colectivo da Xuventude Comunista leva por nome Manolito Bello.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Bernardo Máiz (1988). Galicia na II República e baixo o franquismo. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-320-4.
- Lamela García, Luis (2003). "Aspectos desconocidos de la guerrilla del Llano" (PDF). Anuario Brigantino (26): 281–294. Consultado o 30 de agosto de 2012.
- Martínez, Lupe (2023). Guerrilleir@s antifranquistas da provincia da Coruña. Vigo: Galaxia. pp. 130–134. ISBN 978-84-1176-172-7.
- Secundino Serrano, Maquis. Historia de la guerrilla antifranquista, Temas de Hoy, 2002.