Manuel Doval Lemat

xastre e político galego

Manuel Doval Lemat, nado en Cambre o 1 de marzo de 1901 e finado no mesmo concello o 18 de abril de 1946, foi un xastre e político galego.

Manuel Doval Lemat
Nacemento1 de marzo de 1901
 Cambre
Falecemento18 de abril de 1946
 Cambre
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxastre e político
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Xastre. Foi nomeado axente executivo para a recadación de arbitrios municipais na ditadura de Primo de Rivera.[1] Na República foi presidente da CEDA. Posteriormente fíxose falanxista, foi xefe local de FET y de las JONS en 1937 e xefe local do Movemento de Cambre ata a súa destitución polo Xefe provincial en outubro de 1944.[2] Tamén foi xuíz de paz en Cambre. O 18 de abril de 1946 foi asasinado polo grupo guerrilleiro de Manuel Bello Parga, Francisco Rey Balbís e Marcelino Rodríguez Fernández, acusado de ser un dos paseadores.

Vida persoalEditar

Casou con Celia Pernas Ramos e foi pai de Manuel, Celia, José Luis, María del Carmen e Francisco Doval Pernas.

NotasEditar

  1. El Ideal Gallego, 2-10-1924, p. 4.
  2. La Voz de Galicia, 21-10-1944, p. 2.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar