Arcadio Vilela Gárate

xornalista e político galego

Arcadio Vilela Gárate, nado en 1883 e finado na Coruña o 19 de maio de 1946, foi un xornalista e político galego.

Infotaula de personaArcadio Vilela Gárate
Biografía
Nacemento1883 Editar o valor em Wikidata
Morte19 de maio de 1946 Editar o valor em Wikidata (62/63 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Tumba de Arcadio Vilela Gárate no cemiterio de Santo Amaro da Coruña.

Traxectoria editar

Obtivo o título de profesor mercantil na Escola de Comercio. Foi secretario adxunto da Sociedad Oceanográfica na Coruña en 1911, e bibliotecario segundo da Liga de Amigos. Activo deportista, practicou tenis, xadrez, hockey, esgrima, equitación, remo e natación e foi presidente da Federación Galega de Fútbol. Redactor de El Ideal Gallego dende mediados dos anos trinta. Pertenceu a milicia civil armada coñecida como Caballeros de La Coruña, responsable de moitos dos paseos realizados a simpatizantes da República, e foi secretario provincial de FET y de las JONS na Coruña en 1939. O 19 de maio de 1946 o comando de Manuel Bello Parga fixo un intento de sabotaxe contra un emisor de Radio Nacional de España no que resultou morto Arcadio Vilela.

Vida perosal editar

Casou con Mercedes Ramudo en 1917. O seu fillo Arcadio Vilela Ramudo foi alférez provisional, mandou un Tabor de Regulares e participou na batalla do Ebro.

Recoñecementos editar

O Concello da Coruña dedicoulle unha rúa no franquismo. En aplicación da Lei da Memoria Histórica o seu nome foi cambiado por Rúa da Cultura en 2016[1].

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar