Tabor (batallón)

Denomínase tabor a unha unidade militar do exército colonial español equivalente a un pequeno batallón. Dous tabores agrupábanse para formar un Grupo de Forzas Regulares Indíxenas na época do Protectorado Español de Marrocos .

Na actualidade, o Exército de Terra de España mantén o nome de tabor para as subunidades dos dous grupos de Forzas de Regulares situados en Ceuta e Melilla.