Batallón

unidade militar de infantaría

Un batallón é unha unidade militar de arredor de 1.000 homes (pode ir de 300 a 1.500) formada, usualmente, por dúas a seis compañías e mandada tipicamente por un comandante ou, se son varios batallóns, por un tenente coronel (por exemplo, algúns exércitos organizan a súa infantaría en batallóns, pero en cambio chaman ás unidades de cabalaría e de artillaría equivalentes "escuadrón" ou "grupo"). Pode mesmo haber sutís distincións dentro das forzas armadas dunha nación, como a distinción entre un batallón de carros e un escuadrón mecanizado, dependendo de como se percibe o papel operacional da unidade dentro da organización histórica do exército.

Código da OTAN para representar un batallón non inimigo.

En España, o batallón está mandado por un tenente coronel e está formado xeralmente (en infantaría) por mando, plana maior de mando, compañía de plana maior, tres compañías de fusileiros e unha compañía de armas, que supoñen entre 400 e 700 efectivos.

Un batallón é, xeralmente, a unidade máis pequena capaz de realizar operacións independentes (por exemplo, non ligada a un mando superior). Con todo, moitos exércitos teñen unidades máis pequenas que son autosuficientes.

O batallón adoita ser parte dun rexemento, grupo ou brigada, dependendo do modelo organizativo usado por ese servizo. Os batallóns son ordinariamente homoxéneos con respecto ao tipo (por exemplo, un batallón de infantaría ou un batallón de carros), aínda que existen moitas excepcións.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar