Louis Jourdan

actor francés

Louis Robert Gendre, nado en Marsella o 19 de xuño de 1921 e finado en Beverly Hills (California) o 14 de febreiro de 2015, foi un actor de cinema e televisión francés, coñecido como Louis Jourdan.

Infotaula de personaLouis Jourdan

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Louis Robert Gendre Editar o valor em Wikidata
19 de xuño de 1921 Editar o valor em Wikidata
Marsella, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte14 de febreiro de 2015 Editar o valor em Wikidata (93 anos)
Beverly Hills, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaWestwood Village Memorial Park Cemetery (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónCours Simon (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de teatro , actor de televisión , membro da resistencia francesa , actor de cinema , actor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1939 Editar o valor em Wikidata - 1992 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeBerthe Jourdan (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webmonsieur.louisjourdan.net Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0431139 Allocine: 47 Allmovie: p36383 TCM: 97116 TV.com: people/louis-jourdan IBDB: 47263
Musicbrainz: 98801bef-1257-4c6e-a2c5-897c5bee3b9c Discogs: 1476284 Allmusic: mn0000284744 WikiTree: Gendre-26 Find a Grave: 142652919 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Jourdan en Marsella, Francia, en 1921,[1] un dos tres fillos de Henry Gendre, propietario dun hotel, e Yvonne Jourdan.[2] Foi educado en Francia, Turquía e Gran Bretaña e estudou interpretación na École Dramatique. Mentres estudaba, comezou a actuar no teatro profesional, onde chamou a atención do director Marc Allégret, que o contratou para traballar como axudante de cámara en Entrée des Artistes.[3]

Allégret lanzou a Jourdan no que ía ser o seu primeiro filme, Le Corsaire en 1939 xunto a Charles Boyer. A rodaxe foi interrompida pola segunda guerra mundial e nunca se retomou.

Segunda guerra mundial editar

Jourdan era demasiado novo para servir no exército e foi contratado por Julien Duvivier xunto co seu irmán Pierre para aparecer en Untel père et fils en Roma. Foi interrompido pola declaración de guerra entre Francia e Italia; regresou a Francia e pasou un ano nun equipo de traballo.[4]

Jourdan recibiu a orde de facer filmes de propaganda alemá que rexeitou facer e fuxiu para unirse á súa familia na Francia libre. Alí comezou a rodar filme, dez en dous anos. O seu pai foi arrestado pola Gestapo; meses despois escapou e uniuse á resistencia francesa xunto coa súa esposa e os seus tres fillos.[4] "Déronme un traballo e fixémolo", dixo Jourdan despois do seu tempo na resistencia. "Traballei en folletos ilegais, axudando a imprimilos e distribuílos".[4] Despois da liberación de Francia, regresou a París coa súa esposa. Jourdan comezou a aparecer en filmes franceses como La mariée est trop belle ou Escapade.[4]

Carreira en Hollywood editar

Citado polo autor James McKay como a "personificación do suave continental",[5] Jourdan foi visto nun filme francés por un cazatalentos de David O. Selznick, que ofreceu ao actor un contrato de traballo.[6] O seu primeiro filme estadounidense foi The Paradine Case, un drama dirixido por Alfred Hitchcock e protagonizado por Gregory Peck e Alida Valli. En Hollywood, fixo amizade con varias estrelas que compartían o seu amor polo xogo do cróquet. Jourdan discutiu a miúdo con Selznick, que o suspendeu varias veces por rexeitar os papeis.[7]

En 1948 protagonizou, xunto con Joan Fontaine, o filme de Max Ophüls Carta dunha descoñecida. Despois de aparecer en Three Coins in the Fountain (1954), Jourdan debutou en Broadway no papel principal do drama de Billy Rose The Immoralist. Regresou á Great White Way por pouco tempo en 1955 e ese mesmo ano debutou na televisión estadounidense interpretando o inspector Beaumont na serie Paris Precinct. En 1956, apareceu no filme The Swan xunto con Grace Kelly e Alec Guinness, interpretando o papel do doutor Nicholas Agi.

Durante a década de 1950, Jourdan actuou en varios filmes importantes, asumindo o papel masculino principal en The Bride Is Too Much Beautiful (1956) con Brigitte Bardot como actriz principal. Non obstante, é probablemente máis recordado como o protagonista, xunto con Leslie Caron e Maurice Chevalier, na versión cinematográfica da novela curta de Colette, Gigi (1958). O filme gañou nove Óscar, incluído o de mellor filme. Jourdan coprotagonizou con Frank Sinatra e Shirley MacLaine o musical Can-Can (1960) .7

Nos anos posteriores, Jourdan tamén apareceu na televisión, incluíndo Count Dracula en 1977 para a BBC e o episodio de Columbo "Murder Under Glass" de 1978.[8] Máis tarde interpretou a Anton Arcane no filme Swamp Thing (1982) e na súa secuela The Return of Swamp Thing (1989). En 1983, Jourdan interpretou ao villano Kamal Khan no filme de James Bond 007: Octopussy. Interpretou o barón Pierre de Coubertin en The First Olympics: Athens 1896, unha serie de televisión de 1984 sobre os Xogos Olímpicos de Atenas de 1896.

Pasamento editar

Jourdan morreu na súa casa de Beverly Hills o 14 de febreiro de 2015 aos 93 anos.[9]

Vida persoal editar

O 11 de marzo de 1946, Jourdan casou con Berthe Frédérique (alcumada "Quique"), con quen tivo o 6 de outubro de 1951 o seu único fillo, Louis Henry Jourdan,[10] que morreu por unha sobredose de drogas o 12 de maio de 1981[11] e foi enterrado no cemiterio Westwood Village Memorial Park, dos Ánxeles.[11] Berthe faleceu en 2014.[9]

En xullo de 2010, Jourdan foi nomeado oficial da Lexión de Honra, que recibiu acompañado de amigos, incluídos Sidney Poitier e Kirk Douglas.[12]

Jourdan ten dúas estrelas no Paseo da Fama de Hollywood no 6153 e no 6445 Hollywood Boulevard.[9]

Filmografía editar

Ano Título Personaxe Notas
1939 Le Corsaire Nunca se completou
1940 La Comédie du bonheur Fédor
1941 Premier rendez-vous Pierre Rougemont
Parade en sept nuits Freddy Richard, le clown
1942 L'Arlésienne Frédéri
The Beautiful Adventure André d'Éguzon
1943 The Heart of a Nation Christian Sen acreditar
1944 Les Petites du quai aux fleurs Francis
Félicie Nanteuil Robert de Ligny
1945 La Vie de Boheme Rodolphe / Rodolfo
1947 The Paradine Case André Latour, Paradine's Valet
1948 Letter from an Unknown Woman Stefan Brand
No Minor Vices Octavio Quaglini
1949 Madame Bovary Rodolphe Boulanger
1951 Bird of Paradise André Laurence
Anne of the Indies Capitán Pierre François La Rochelle
1952 The Happy Time Tío Desmond Bonnard
1953 Paris Precinct Insp. Beaumont Televsión (15 episodios, 1953–1955)
Decameron Nights Giovanni Boccaccio / Paganino / Giulio / Don Bertando
Rue de l'Estrapade Henri Laurent
1954 Three Coins in the Fountain Prince Dino di Cessi
1956 The Swan Dr. Nicholas Agi
Julie Lyle Benton
The Bride Is Much Too Beautiful Michel
1957 Love in the Afternoon Narrator Sen acreditar
Escapade Frank Raphaël
Dangerous Exile Duke Philippe de Beauvais
1958 Gigi Gaston Lachaille Candidato ao Globo de Ouro ao mellor actor - Comedia ou musical
2.º posto – Golden Laurel Award for Top Male Musical Performance
1959 The Best of Everything David Savage
1960 Can-Can Philipe Forrestier
1961 Le Vergini di Roma Drusco
The Count of Monte Cristo Edmond Dantes
1962 Disorder Tom
Leviathan Paul
1963 Mathias Sandorf Le comte Mathias Sandorf
Irma, a doce Narrator Sen acreditar
The V.I.P.s Marc Champselle
1966 Made in Paris Marc Fontaine
Les Sultans Laurent
1967 To Commit a Murder Charles Beaulieu Tamén coñecida como Peau d'espion
Cervantes Cardinal Acquaviva
1968 To Die in Paris Colonel Bertine Westrex Televisión
A Flea in Her Ear Henri Tournel
1969 Fear No Evil David Sorell Televisión
Run a Crooked Mile Richard Stuart Televisión
1970 Ritual of Evil David Sorell Televisión
1973 The Great American Beauty Contest Ralph Dupree Televisión
1975 Piange Il Telefono Alberto Landi
1975 The Count of Monte Cristo De Villefort Televisión
1976 L'hippopotamours Le camionneur
1977 The Man in the Iron Mask D'Artagnan Televisión
Silver Bears Prince di Siracusa
The More It Goes, the Less It Goes Paul Tango
Count Dracula Conde Drácula Televisión
1978 Columbo Paul Gerard Televisión. Episodio "Murder Under Glass"
1979 The French Atlantic Affair Captain Charles Girodt Televisión
1980 Charlie's Angels Dr. Redmond Televisión. Episodio "Nips and Tucks"
1980 Vega$ Nicholas Rambeau Televisión. Episodio "The Lido Girls"
1981 Vega$ Nicholas Rambeau Televisión. Episodio "French Twist"
1982 Romance Theatre: Gamble on Love Host Televisión
Romance Theatre: Bayou Romance Host Televisión; sen acreditar
Swamp Thing Dr. Anton Arcane
1983 007: Octopussy Kamal Khan
Double Deal Peter Sterling
1984 Cover Up George LeMare Televisión
1984 The First Olympics: Athens, 1896 Pierre de Coubertin Televisión
1986 Beverly Hills Madam Douglas Corbin Televisión
Romance Theatre: Escape to Love Host Televisión
1987 Grand Larceny Charles Grand
1988 Counterforce Kassar
1989 The Return of Swamp Thing Dr. Anton Arcane
1992 Year of the Comet Philippe

Notas editar

  1. "Louis Jourdan Takes on the Chevalier Role in Gigi and Proves He Remembers It Well". People (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2014. Consultado o 18 de abril de 2014. 
  2. "Louis Jourdan Biography". Film Reference (en inglés). Consultado o 5 de xuño de 2014. 
  3. "Louis Jourdan 1920s - 1930s Biography" (en inglés). Louisjourdan.net. Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2013. Consultado o 26 de xaneiro de 2014. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "Louis Jourdan's experiences in wartime France" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2013. Consultado o 21 de xaneiro de 2014. 
  5. McKay, James (26 de abril de 2010). Dana Andrews: The Face of Noir. McFarland. p. 101. ISBN 978-0-7864-5676-5. 
  6. FRENCH FILM STAR SIGNED BY SELZNICK New York Times 5 Mar 1946: 21.
  7. "1960 Coronet Magazine profile" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2013. Consultado o 21 de xaneiro de 2014. 
  8. Louis Jourdan to Guest on Colombo. Los Angeles Times 19 de outubro de 1977: f24.
  9. 9,0 9,1 9,2 Dagan, Carmel (15 de febreiro de 2015). "Louis Jourdan Dead; French actor starred in Octopussy, Gigi". Variety (en inglés). Consultado o 15 de febreiro de 2015. 
  10. "Louis Jourdan" (en inglés). NNDB. Consultado o 18 de abril de 2014. 
  11. 11,0 11,1 "Louis Jourdan Jr. Is Found Dead". The New York Times (en inglés). 14 de maio de 1981. Consultado o 18 de abril de 2014. 
  12. "A day with the French Ambassador". YouTube. Consultado o 5 de setembro de 2010. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar