Carta dunha descoñecida

filme de 1948 dirixido por Max Ophüls

Carta dunha descoñecida (en inglés: Letter from an Unknown Woman) é un filme estadounidense de 1948 dirixido por Max Ophüls e protagonizado por Joan Fontaine, Louis Jourdan, Mady Christians e Marcel Journet. Está baseado na novela curta de Stefan Zweig.

Carta dunha descoñecida
Ficha técnica
Título orixinalLetter from an Unknown Woman
DirectorMax Ophüls
ProdutorJohn Houseman
William Dozier
GuiónHoward Koch
Max Ophüls
Baseado enBrief einer Unbekannten, de Stefan Zweig
IntérpretesJoan Fontaine
Louis Jourdan
MúsicaDaniele Amfitheatrof
FotografíaFranz Planer
MontaxeTed J. Kent
EstudioRampart Productions
DistribuidoraUniversal Pictures
Estrea28 de abril de 1948
Duración86 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos

En 1992 o filme foi considerado "cultural, histórica e esteticamente significativo" pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América e seleccionado para a súa preservación no National Film Registry.[1]

Foi emitido na TVG o 7 de maio de 2016.[2]

ArgumentoEditar

Stefan Brand (Louis Jourdan), un célebre pianista, recibe unha carta dunha muller coa que mantivo no pasado unha relación amorosa que xa non lembra. Lisa (Joan Fontaine) é para el unha descoñecida, alguén que pasou pola súa vida sen deixar pegada. E, non obstante, ela segue namorada apaixonadamente daquel músico novo que coñeceu cando era aínda unha adolescente.

ElencoEditar

NotasEditar

  1. "National Film Registry" Arquivado 19-4-2012 en Wayback Machine.. Library of Congress, consultado o 28-8-2011.
  2. La Voz de Galicia, 7 de maio de 2016. Páx. 62

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar