Kirk Douglas

actor e produtor de cine estadounidense

Issur Danielovich Demsky, coñecido como Kirk Douglas, nado en Amsterdam, Nova York o 9 de decembro de 1916 e finado en Beverly Hills, California o 5 de febreiro de 2020, foi un actor e produtor de cine estadounidense de orixe xudía belarusa. Foi o pai do actor e produtor Michael Douglas.

Kirk Douglas
Nome completoIssur Danielovich Demsky
Nacemento9 de decembro de 1916
LugarAmsterdam, Nova York
Falecemento5 de febreiro de 2020 (103 anos)
LugarBeverly Hills, California
SoterradoWestwood Village Memorial Park Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América Estados Unidos
RelixiónXudaísmo conservador
Educado enAmerican Academy of Dramatic Arts e St. Lawrence University
PaiHarry Danielovitch
NaiBertha Sanglel
Cónxuxe(s)Diana Dill (1943-1951)
Anne Buydens (1954-2020)
FillosMichael Douglas, Joel Douglas, Peter Douglas e Eric Douglas
ProfesiónActor
Na rede
http://www.kirkdouglas.com/
IMDB: nm0000018 Allocine: 2657 Rottentomatoes: celebrity/kirk_douglas Allmovie: p88133 TCM: 52463 TV.com: people/kirk-douglas IBDB: 38399
Dialnet: 1697448 Musicbrainz: ade1dabe-417f-4d8f-9a1f-33812421c944 Songkick: 3516546 Discogs: 1210474 WikiTree: Danielovitch-1 Find a Grave: 206856695 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Os seus pais eran xudeus belarusos e o seu nome orixinal, Issur Danielovich Demsky. Dende cativo destacou nos deportes e nas lides actorais. Graduouse en Letras na Universidade de St. Lawrence. Logo de se graduar marchou a Nova York, onde conseguiu unha bolsa na Academia Americana de Arte Dramática, onde permaneceu ata 1939, con 23 anos.

En 1941, ingresa grazas a Lauren Bacall en Broadway, pero logo é chamado ó servizo militar na mariña, que cumpre en 1942 e 1943, para logo regresar a Broadway. En 1946, ós 30 anos e xa cunha certa fama colleitada en Broadway, Lewis Milestone propono como primeiro actor no filme The Strange Love of Martha Ivers, onde se revela como un actor de carácter.

En 1949, interpreta un boxeador en Champion de Mark Robson onde pola súa realista interpretación é proposto para ser recoñecido como Mellor Actor na Academia. Foi proposto en tres ocasións para un Óscar da Academia aínda que nunca o gañou. Porén foi galardoado en 1996 cun oscar honorífico pola súa dilatada carreira de 76 filmes.

Moitos filmes que interpretou son épicos pero o que máis o destaca é Spartacus de Stanley Kubrick xunto coa non menos maxistral actuación de Peter Ustinov.

A súa fama é comparable á de actores como Sir Laurence Olivier e Anthony Quinn, deu a cada un dos seus filmes unha marca distintiva onde a forza das súas actuacións daban a cada filme renome. Ademais codirixiu varias películas e sostivo un singular preito con Kubrick pola produción dalgunhas das súas películas o que lle restou forza en Hollywood.

Interveu tanto en comedias coma en dramas e representou personaxes duros pero de fondo moi vulnerable. Participou en numerosas producións para televisión e en 1988 publicou a súa autobiografía (The Ragman's Son).

Filmografía editar

Véxase tamén editar