Xudaísmo conservador
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2020.) |
O Xudaísmo Masortí (Conservador) xorde en Alemaña a mediados do século XIX como unha reacción ao xudaísmo reformista, posicionándose como unha síntese entre este último e o xudaísmo ortodoxo. Xunto a estas dúas, o xudaísmo conservador é unha das tres grandes correntes relixiosas do xudaísmo. O xudaísmo conservador institucionalizouse nos EUA arredor do 1900.
O conservadorismo postula a devoción á tradición e lei xudía (masoret e xalaxá), cun achegamento aberto e positivo ao mundo moderno, á democracia e ao sionismo.
Os principios do Xudaismo Conservador inclúen:
- A "dedicación á Xalaxá... [como unha] guía para as nosas vidas".
- Un ensino non fundamentalista dos principios da fe xudaica.
- Unha actitude positiva para a cultura moderna.
- Unha aceptación tanto dos métodos tradicionais-rabínicos como dos académicos e críticos no que ao estudo dos textos relixiosos do xudaísmo se refore.
O Xudaísmo Conservador ten as súas orixes na escola coñecida como o Positivismo Histórico Xudaico, desenvolvida en 1850 como unha reacción ás posicións máis liberais adoptadas polo xudaísmo reformista. O termo conservador denotaba a intención desta corrente de conservar a tradición, no canto de reformarla ou abandonala. O uso do devandito termo está totalmente desprovisto das súas connotacións políticas.
Para evitar as confusións ás que o termo convida, algúns rabinos nos Estados Unidos e o Canadá propoñen utilizar o termo Masortí, que en hebreo significa tradicional, que foi adoptado polas divisións israelí e mundial do movemento.
Principios
editarDurante boa parte da súa historia, o Xudaísmo Conservador evitou a publicación sistemática de explicacións sobre os principios do Xudaísmo, como parte dos seus esforzos conscientes por mater unha ampla coalición.
No 1988 o liderado do Xudaísmo Conservador nos EUA publicou unha declaración de principios, chamada Emet Ve-Emunah: Statement of Principles of Conservative Judaism (Emet Ve-Ehunah (Verdade e Fe): Declaración de Principios do Xudaísmo Conservador). Este documento foi produto dun longo proceso de traballo que involucrou a distintos sectores do movemento, nun intento de producir un documento que reflectise non a opinión dunha soa persoa, senón o consenso de toda a comunidade.
Emet Ve-Emunah afirma a crenza en Deus e na inspiración divina da Torá, afirmando ao tempo a lexitimidade da multiplicidade de interpretacións sobre estes temas. As ideas do ateísmo, politeísmo e a trindade son rexeitadas de pleno, xunto co relativismo, a interpretación literal das escrituras e o fundamentalismo.
Deus
editarO Xudaísmo Conservador afirma a idea do monoteísmo, aínda que os seus membros sosteñen distintas crenzas sobre a natureza de Deus, sen que se impoña unha en particular. Entre as perspectivas que se sosteñen se inclúen:
- Racionalismo maimideano.
- Misticismo cabalísto.
- Panteísmo hasídico.
- Teísmo limitado (ver por exemplo: Harold Kushner "Cando as cousas malas lle pasan a persoas boas").
- Pensamento orgánico, como o presentado por Alfred North Whitehead e Charles Hartshorne, tamén coñecido como Teoloxía do proceso (ver, por exemplo, a obra dos rabinos Max Kaddushin e William E. Kaufman).
As ideas do naturalismo relixioso, plasmadas en corrente do xudaísmo reconstruccionista enunciada por Mordecai Kaplan tiveron moita influencia no movemento conservador, ata que o reconstrucionismo se instituíu nun movemento independente. Nunha edición especial da publicación Conservative Judaism (Winter 1999), da Asemblea Rabínica, o editor declarou que o naturalismo de Caplan parece haber desaparecido do horizonte conservador.
Revelación
editarO Xudaísmo Conservador permite aos seus membros adoptar distintas visións sobre o concepto de revelación. A maioría dos membros do movemento rexeita a idea tradicional de que Deus ditou o contido literal da Torá a Moisés no Monte Sinai nun acto de revelación verbal, pero sosteñen a crenza tradicional de que Deus inspirou aos profetas tardíos para escribir o resto do Tanax. A crenza de que Deus inspirou a Moisés -ao igual que aos profetas tardíos- tamén goza de ampla aceptación entre os membros do movemento.
O xudaísmo conservador acepta os postulados da crítica bíblica, incluíndo a hipótese documentaria -é dicir, a teoría de que a Torá foi redactada a partir de distintas fontes previas. As autoridades rabínicas do movemento, así como o seu comentario oficial sobre a Torá (Etz Hayim: A Torah Commentary) afirma que os xudeus deben facer uso da análise literaria e histórica modernas para entender como a Biblia se desenvolveu.
Lei xudía
editarO xudaísmo conservador ve a lei xudía, a Xalaxá, como un marco normativo co que se establece un vínculo de obrigatoriedade. Examinando a historia xudía e a literatura rabínica a través dos prismas da crítica académica, o conservadorismo sostén que a xalaxá evolucionou constantemente para adaptarse ás realidades da vida xudía, evolución que debe continuar na vida moderna.
Esta visión, xunto á diversidade de opinións que o xudaísmo conservador adopta en relación á revelación divina, é responsable de parte da diversidade e desacordo na xalaxá conservadora. Ao considerar cambios á mesma, as autoridades rabínicas do movemento baséanse en consideracións relixiosas, así como da análise histórica. Tal como dixera Salomón Schechter: "a magnitude do valor literario dun código non lle adxudica inefabilidade, nin o exime do estudante ou o rabino que fan uso do mesmo desde a súa obriga de examinar cada parágrafo polos seus propios méritos, facéndoo suxeito das mesmas regras de interpretación que foron aplicadas sempre á Tradición".
A dinámica do movemento no que respecta á xalaxá xera nalgúns casos interpretacións diametralmente opostas, sendo todas as opcións válidas para o movemento. Un claro e recente exemplo dos resultados desta dinámica son evidentes nas recentes resolucións do movemento en relación á homosexualidade.
Visións sobre as outras correntes do xudaísmo
editarO xudaísmo conservador constrasta coas outras correntes principalmente en dúas áreas:
En relación á idea da revelación da Torá, o xudaísmo conservador asume que a ortodoxia sostén a idea de revelación verbal directa, aínda cando numerosos filósofos ortodoxos non están de acordo con esta caracterización (coma Breuer, Berkovits, Soloveitchik, Kook ou Fox). Por outra banda, o xudaísmo conservador rexeita a postura reformista segundo a cal a Torá non foi relevada, senón divinamente inspirada.
A posición conservadora maioritaria difire das anteriores en afirmar a autenticidade da revelación divina non verbal. Segundo esta visión, a Torá Oral está inspirada na Torá Escrita, pero non ten unha orixe necesariamente divina.
Interpretación da Xalaxá
editarA tradición legal xudía fai que as diferenzas entre as correntes modernas do xudaísmo inclúan a relevancia, interpretación e aplicación da lei e tradición xudía. O xudaísmo conservador sostén que o seu tratamento da xalaxá é a máis auténtica expresión do xudaísmo, ao ser coma foi practicado tradicionalmente. O conservadorismo considera que o reformismo e o reconstrucionismo se equivocaron ao rexeitar a autoridade tradicional da xalaxá. Tamén considera que a ortodoxia se equivocou ao demorar, ou deter, o desenvolvemento histórico da Lei Xudía: “O xudaísmo conservador cre que o estudo académico dos textos xudeus indica que o Xudaísmo se atopou en evolución permanente, a fin de resolver as necesidades do Pobo Xudeu nas máis variadas circunstancias, e que unha autoridade xaláxica central pode continuar a evolución xaláxica na actualidade” (Soc. Culture. Jewish Usenet Newsgroup FAQ).
O movemento conservador utiliza conscientemente as fontes históricas a fin de determinar que tipo de cambios foron introducidos na tradición xudía, cando e como ocorreron, e en que contexto histórico.
A muller no xudaísmo conservador
editarPode ser consagrada como rabino, asistir á sinagoga sen estar nun lugar apartado, facer "aliá" (subir á cátedra do espírito santo onde se atopan os rolos da Torá), sumar para o minián (cantidade mínima de persoas para realizar un servizo relixioso) e ensinar a Torá e o Talmud entre outras cousas; tamén pode usar Talit e cumprir co precepto dos Tefilín (filacterias) aínda que estes dous últimos non son obrigatorios; todas estas cuestións traen inconvenientes principalmente no que se refire a cemiterios, xa que os mesmos en moitas comunidades están (desde o punto de vista relixioso) administrados por sectores ortodoxos que non permiten que unha muller oficie durante un enterro, cabodano ou homenaxe a unha persoa falecida. Se ben o xudaísmo conservador realizou grandes avances no que ao status da muller se refire, a amplitude ideolóxica que caracteriza ao movemento permite que o tema do igualitarismo non sexa de aceptación universal, existindo incluso algunhas sinagogas conservadoras que manteñen un minián igualitario e un non.
En conclusión o home é case igual á muller, en contraste ao xudaismo ortodoxo, que entende que a muller e o home son diferentes e que se conectan a Deus se forma distinta.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xudaísmo conservador |