Louis Jean Marie Daubenton
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Louis-Jean-Marie D’Aubenton (máis coñecido, simplemente, como Daubenton), nado en Montbard, ducado de Borgoña, o 29 de maio de 1716, e finado en París, o 31 de decembro de 1799, ou o 1 de xaneiro de 1800, foi un médico, anatomista, mineraloxista e naturalista francés.
Retrato de Daubenton, por A. Roslin (1791) | |||||||||||||||
Nome orixinal | (fr) Louis Jean-Marie Daubenton | ||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||
Nacemento | 29 de maio de 1716 Montbard, ducado de Borgoña | ||||||||||||||
Morte | 31 de decembro de 1799, ou o 1 de xaneiro de 1800 París | ||||||||||||||
Causa da morte | apoplexía | ||||||||||||||
Cargos Colaborador da Encyclopédie, membro do Colexio de Francia, membro da Academia de Ciencias de Francia, director do Museo Nacional de Historia Natural de Francia, senador de Francia | |||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||
Outros nomes | Daubenton | ||||||||||||||
País de nacionalidade | francesa | ||||||||||||||
Formación profesional | Anatomía, Medicina | ||||||||||||||
Educación | Universidade de Reims | ||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||
Campo de traballo | Historia natural | ||||||||||||||
Ocupación | médico, anatomista, mineraloxista e naturalista | ||||||||||||||
Empregador | École nationale vétérinaire d'Alfort (en) (1783–) Collège de France (pt) (1778–1800) Royal garden of medical plants (en) | ||||||||||||||
Membro de | |||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||
Cónxuxe | Marguerite Daubenton | ||||||||||||||
Irmáns | Pierre Daubenton | ||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||
Membro da Royal Society | |||||||||||||||
Descrito pola fonte | Salmonsens Konversationsleksikon (en) Nordisk familjebok Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron | ||||||||||||||
Lista
Lista
|
Traxectoria
editarDaubenton foi enviado a polo seu pai a París para estudar teoloxía, pero seguiu en segredo cursos de medicina e anatomía.
En 1739, tres anos despois da morte de seu pai, Daubenton instalouse en Reims, en cuxa univesidade doutorouse en medicina en 1741. Despois de obter este grao, volveu á súa cidade natal para exercer a profesión de médico.
Na mesma época, Georges-Louis Leclerc, conde de Buffon, tamén nacido en Montbard e amigo da infancia de Daubenton, chamouno para traballar con el no Xardín do Rei de París, para que o axudara nas tarefas de disección e estudos anatómicos. Daubenton e Buffon traballaron xuntos durante dez anos na Historia natural dos animais.[1]
Daubenton describiu cerca de 200 especies de cuadrúpedes, cunha precisión sen precedentes. Este traballo foi considerado o punto de partida da moderna anatomía comparada.[1]
Daubenton foi un dos primeiros naturalistas en aplicar a anatomía comparada ás especies fósiles, refutando así a suposta existencia de xigantes.
En 1778 Daubenton pasou a ser profesor de historia natural no Colexio de Francia. En 1783, era profesor de economía rural no Colegio d'Alfort e, en 1795, impartiu clases na Escola Normal Superior de París.[1]
Foi elixido membro da Academia de Ciencias de Francia, para a que redactou un gran número de memorias. Escribiu tamén diversos artigos para a Encyclopédie.
Coa Revolución francesa o Gabinete do Rei converteuse no Museo Nacional de Historia Natural de Francia, e Daubenton no seu primeiro director.
Atribúese a Dabubento a naturalización de ovellas españolas en Francia, e publicou varios libros sobre como criar estes animais.[1]
Como médico, recomendou as pílulas de ipecacuaña, que se chamaron na época pílulas de Daubenton.[1]
En decembro de 1799 Daubenton foi elixido membro do Senado, pero morreu pouco despois a causa dunha crise de apoplexía.
Filosofía natural
editarAo igual que Buffon, Daubenton desconfiaba do carácter obxectivo da sistemática, especialmente da linneana, e defendía construíla a partir da organización completa dos animais e non de certos caracteres.
Pero a diferenza de Buffon, rexeitaba o gradualismo na escala dos seres e mantiña unha visión da xerarquía animal moito máis estática. O seu concepto de especie, fundamentado na constancia dos caracteres morfolóxicos, era tipolóxico.
De aí tamén que a anatomía comparada xogase na súa obra un papel moito máis fundamental que na de Buffon.
Obra principal
editar- Instruction pour les bergers et pour les propriétaires de troupeaux (1782).
Honores
editarEponimia
editar- Unha rúa de París achegada ao Xardín das Plantas leva o seu nome.
- Unha estación do metro parisiense, a Estación de Censier-Daubenton (liña 7).
- Unha rúa de Dijon tamén leva o seu nome.
- unha rúa de Roubaix así mesmo leva o seu nome.
- Un morcego: Myotis daubentonii.
- Unha familia de primates, a dos Daubentoniidae,
- E a especie Daubentonia madagascariensis, tipo desta familia.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Louis Jean Marie Daubenton |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Louis Jean Marie Daubenton |
Bibliografía
editar- Alter, Anna & Philippe Testard-Vaillant (2003): Guide du Paris savant. París: Éditions Belin. ISBN 2-7011-3582-6.
- Bouillet, Marie-Nicolas & Alexis Chassang, dir. (1878): "Daubenton (L. J. Marie)" no Dictionnaire universel d'histoire et de géographie.
- Flourens, Pierre & Georges-Louis Leclerc, conde de Buffon (1869): Des manuscrits de Buffon, avec des facsimile de Buffon et de ses collaborateurs. (Ler en liña).
- Schmitt, Stéphane (2006): Aux origines de la biologie moderne. L'anatomie comparée d'Aristote à la théorie de l'évolution. París: Éditions Belin. ISBN 978-2-7011-3511-3.