Ipecacuaña

especie de planta
Ipecacuaña
Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Angiospermae
(sen clasif.): Eudicots
(sen clasif.): Asterids
Orde: Gentianales
Familia: Rubiaceae
Subfamilia: Rubioideae
Tribo: Psychotrieae
Xénero: Carapichea
Especie: C. ipecacuanha
Nome binomial
'Carapichea ipecacuanha'
(Brot.) L.Andersson
Sinonimia

Callicocca ipecacuanha
Cephaelis ipecacuanha
Evea ipecacuanha
Psychotria ipecacuanha
Uragoga ipecacuanha

A ipecacuaña (Psychotria ipecacuanha), tamén chamada cagosanga, poaia, raiz-do-brasil[1] e ipeca, é unha planta da familia Rubiaceae, moi común nos solos dos montes dos estados de Baía e do Mato Grosso, no Brasil[1].

Etimoloxía editar

"Ipecacuaña" ven do termo tupi ipega'kwãi, que significa "pene de pato"[1]. "Poaia" ven do tupi pu'aya[2].

Emetina editar

As súas raíces contén un poderoso emético (estimulante do reflexo do vómito) denominado "emetina"[1] ou "ipecacuaña". Foi introducida en Europa en 1672 por Legros, un viaxante en América do Sur. Foi usada no tratamento da disentería e vendida polo médico francés Adrien Helvetius baixo a licenza de Lois XIV. Hoxe en día, os fármacos purificados cefaleína e emetina aínda son usados como eméticos. Eles estimulan o centro neuronal vomitivo (área postrema medular).

A emetina tamén é usada contra a amebíase, pois a súa actuación como limitador na formación de proteínas, alén de efectos circulatorios. Polos anos 1930, foi sintetizado a dehidroemetina (diferente da primeira apenas por unha dobre ligazón próxima a un radical etilo), que posúe menos efectos colaterais.

Segundo Cristina Brandt Friedrich, que fai unha pescuda sobre a influencia das doenzas traídas polos colonizadores na formación do Brasil, é que de todo coñecemento da flora medicinal indíxena, a ipecacuaña, tamén coñecida como “planta de doente de estrada”, foi a planta que máis interesou aos europeos por ser usada como purgativo e antídoto para calquera veleno.[3].

Abuso editar

O xarope da planta, chamado xarope de ipeca, xa foi usado por bulímicos a fin de inducir o vomito, mais o seu uso repetido causa acumulación no fígado e problemas no músculo cardíaco.

Taxonomía editar

Carapichea ipecacuanha foi descrita por (Brot.) L.Andersson e publicado en Kew Bulletin 57(2): 371. 2002.[4]

Sinonimia
  • Callicocca ipecacuanha Brot.
  • Carapichea ipecacuanha (Brot.) L.Andersson
  • Cephaelis acuminata H.Karst.
  • Cephaelis ipecacuanha (Brot.) A.Rich.
  • Evea ipecacuanha (Brot.) W.Wight
  • Ipecacuanha fusca Raf.
  • Ipecacuanha officinalis Arruda ex H.Kost.
  • Ipecacuanha preta Arruda
  • Uragoga acuminata (H.Karst.) Farw.
  • Uragoga granatensis Baill.
  • Uragoga ipecacuanha (Brot.) Baill.[5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 FERREIRA, A. B. H. Novo dicionário da língua portuguesa. Segunda edicción. Rio de Janeiro. Nova Fronteira. 1986. p. 966.
  2. FERREIRA, A. B. H. Novo dicionário da língua portuguesa. Segunda edición. Rio de Janeiro. Nova Fronteira. 1986. p. 1 350.
  3. Livro revela papel de doenças (e curas) na formação do país. http://www.controversia.com.br/index.php?act=textos&id=8830
  4. "Ipecacuaña". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 20 de xaneiro de 2015. 
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2008. Consultado o 24 de maio de 2015.