Lingua hebrea
O hebreo[4] ou hebraico[5][6] (en hebreo: עִבְרִית ʿIvrit) é unha lingua semítica da familia lingüística afroasiática. Historicamente, é a lingua dos israelitas e dos seus antergos, malia que a lingua non aparece co nome de hebreo no Tanakh. No Tanakh (Biblia xudía), a lingua é chamada "yehudit" (a lingua de Xudá) ou "səpaṯ kəna‘an" (a lingua de Canaan). Os exemplos máis antigos de paleohebreo datan do século -X, na forma de debuxos primitivos, mais "a cuestión da lingua usada na inscrición queda sen responder, facendo imposible probar que era hebreo e non outra lingua local".[7]
Hebreo עברית (ʿIvrit) | ||
---|---|---|
Pronuncia: | [(ʔ)ivˈʁit] - [(ʔ)ivˈɾit] | |
Falado en: | ![]() | |
Total de falantes: | 5,3 millóns (non todos son nativos) | |
Familia: | Afroasiática Semítica Semítica central Semítica noroeste Cananea Hebreo | |
Escrita: | Alfabeto hebreo Braille hebreo | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | ![]() ![]() | |
Regulado por: | Academia da Lingua Hebrea האקדמיה ללשון העברית (HaAkademia LaLashon HaʿIvrit) | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | he
| |
ISO 639-2: | heb
| |
Mapa | ||
Status | ||
![]() |
O hebreo deixou de ser unha lingua falada nalgún momento entre os séculos I e IV[8] e sobreviviu no período medieval só como lingua litúrxica e da literatura dos rabinos. Porén, no século XIX, foi revivida como lingua falada e da literatura, e segundo Ethnologue, hoxe é a lingua de 9 millóns de persoas en todo o mundo,[9][10] dos cales 7 millóns son de Israel.[11] Nos Estados Unidos está a segunda maior poboación hebreo falante, con 221.593 falantes fluídos,[12] a maioría procedentes de Israel.
O hebreo moderno é unha das dúas linguas oficiais de Israel (a outra é o árabe), mentres que o hebreo bíblico é usado para a oración e estudo polas comunidades xudías de todo o mundo. O hebreo antigo é aínda hoxe a lingua litúrxica dos samaritanos, mentres que o hebreo ou árabe modernos é a lingua vernácula. Como lingua estranxeira, é estudada por estudantes de xudaísmo e por arqueólogos e lingüistas especializados no Oriente Medio e as súas civilizacións, así como por teólogos.
A Torah (os primeiros cinco libros da Biblia hebrea), está escrita en hebreo bíblico, lingua da cal deriva a moderna, e que os estudosos cren floreceu no século -VI, na era do exilio babilonio. Por este motivo, o hebreo é chamado polos xudeus Leshon HaKodesh (לְשׁוֹן הַקֹּדֶשׁ), "A lingua sagrada", dende tempos antigos.
EtimoloxíaEditar
A palabra moderna "Hebreo" deriva da palabra "Ibri" (plural "Ibrim"), un dos moitos nomes do pobo xudeu. Tradicionalmente, enténdese como un adxectivo baseado no nome dun suposto antergo de Abraham, Eber ("Ebr" עבר en hebreo), mencionado no libro da Xénese 10:21. O nome está posiblemente baseado na raíz "ʕ-b-r" (עבר) que significa "cruzar". As interpretacións de "ʕibrim" están relacionadas con este verbo; xa que fai referencia ós hebreos como o pobo que cruzou o río Éufrates.[13]
Na Biblia, a lingua hebrea é chamada Yәhudit (יהודית) porque Xudá (Yәhuda) foi o reino existente no momento da cita (finais do século -VII (Is 36, 2 Reis 18)). En Isaías 19:18, tamén é chamda "Lingua de Canaan" (שְׂפַת כְּנַעַן).
HistoriaEditar
O hebreo é unha macrolingua con case 30 séculos de historia escrita. Obviamente nun período tan longo a lingua sufriu procesos de cambio lingüístico que fan que o hebreo antigo e o hebreo actual, máis que unha mesma lingua, poidan considerarse linguas emparentadas pero que difiren na pronunciación, na gramática e no léxico. Nun sentido parecido, o latín e as linguas románicas son linguas claramente emparentadas pero difiren nun número de aspectos, a tal punto que os modernos falantes non poden comprender o latín clásico sen unha aprendizaxe específica dos elementos básicos da lingua antiga.
Hebreo antigoEditar
Na estela de Tel Dan, escrita en hebreo a mediados do século -VIII, conmemora as vitorias do rei sirio Hazael sobre Joram, fillo de Acab, rei de Israel, e sobre Ocozías, fillo de Joram rei de Xudá, da dinastía de David. É a mención escrita máis antiga respecto a esta dinastía. Xa que o hebreo antigo foi empregado durante un lapso de case 14 séculos, nese período a lingua sufriu cambios, polo que o hebreo máis antigo difire en certos aspectos do hebreo máis tardío. Unha cronoloxía aproximada do antigo hebreo é a seguinte:
- Hebreo bíblico arcaico, do século -X ó século -VI, correspondéndose co período monárquico até o exilio en Babilonia.
- Hebreo bíblico tardío, do século -V ó século -III, que se corresponde coa dominación persa.
- Hebreo dos manuscritos do Mar Morto, testemuñado entre os séculos -III e I. Correspóndese co período helenístico e romano anterior á destrución do templo de Xerusalén.
- Hebreo da Mishná, testemuñada entre o século I e III ou IV.
O hebreo deixou de falarse arredor do século IV, aínda que seguiu empregándose na literatura e na liturxia. En Palestina, foi substituída como lingua falada polo arameo. En canto á diáspora xudía, as súas linguas comúns foron historicamente sobre todo dúas: o yiddish entre os xudeus asquenacís (centro e leste de Europa) e o ladino ou xudeoespañol entre os sefardís da Península Ibérica.
NotasEditar
- ↑ "CIA's World Fact Book". Cia.gov. Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2014. Consultado o 2013-04-25.
- ↑ http://www.efnil.org/documents/conference-publications/dublin-2009/16-Dublin-Pisarek-Mother.pdf
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ "hebreo". TERGAL. Consultado o 22/03/2019.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para hebraico.
- ↑ "hebraico". TERGAL. Consultado o 22/03/2019.
- ↑ "Most ancient Hebrew biblical inscription deciphered". Physorg.com. Consultado o 25 de abril de 2013.
- ↑ "If you couldn't speak Greek by say the time of early Christianity you couldn't get a job. You wouldn't get a good job. a professional job. You had to know Greek in addition to your own language. And so you were getting to a point where Jews...the Jewish community in say Egypt and large cities like Alexandria didn't know Hebrew anymore they only knew Greek. And so you need a Greek version in the synagogue." -- Josheph Blankinsopp, Professor of Biblical Studies University of Notre Dame in A&E's Who Wrote the Bible
- ↑ Klein, Zeev (18 de marzo de 2013). "A million and a half Israelis struggle with Hebrew". Israel Hayom. Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2013. Consultado o 2 de novembro de 2013.
- ↑ Nachman Gur, Behadrey Haredim. "Kometz Aleph – Au• How many Hebrew speakers are there in the world?". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2013. Consultado o 2 de novembro de 2013.
- ↑ University College de Londres. "Hebrew - UCL". Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2013. Consultado o 2 de novembro de 2013.
- ↑ "Table 53. Languages Spoken At Home by Language: 2009". The 2012 Statistical Abstract. U.S. Census Bureau. Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2007. Consultado o 27 de decembro de 2011.
- ↑ "הספריה של מט"ח". Lib.cet.ac.il. Consultado o 25 de abril de 2013.
Véxase taménEditar
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua hebrea |
Outros artigosEditar
BibliografíaEditar
- Hoffman, Joel M, In the Beginning: A Short History of the Hebrew Language. Nova York: NYU Press. ISBN 0-8147-3654-8.
- Izre'el, Shlomo, "The emergence of Spoken Israeli Hebrew", in: Benjamin Hary (ed.), The Corpus of Spoken Israeli Hebrew (CoSIH): Working Papers I (2001)
- Kuzar, Ron, Hebrew and Zionism: A Discourse Analytic Cultural Study. Berlín & Nova York: Mouton de Gruyter 2001. ISBN 3-11-016993-2, ISBN 3-11-016992-4.
- Laufer, Asher. "Hebrew", in: Handbook of the International Phonetic Association. Cambridge University Press 1999. ISBN 0-521-65236-7, ISBN 0-521-63751-1.
- Sáenz-Badillos, Angel, 1993 A History of the Hebrew Language (trans. John Elwolde). Cambridge, England: Cambridge University Press. ISBN 0-521-55634-1
- Zuckermann, Ghil'ad, 2003. Language Contact and Lexical Enrichment in Israeli Hebrew. Palgrave Macmillan. (ISBN 9781403917232 / ISBN 9781403938695)
Ligazóns externasEditar
- Xeral
- Historia da Lingua Hebrea Antiga e Moderna por David Steinberg (en inglés)
- Short Historia da Lingua Hebrea de Chaim Menachem Rabin (en inglés)
- Cursos, tutoriais, dicionarios
- Curso Completo de Hebreo Moderno Transliterado (con listaxe de raíces verbais e derivados verbais) (en inglés)
- Hebreo moderno para principiantes na Universidade de Texas (en inglés)
- Dicionario virtual Morfix
- Lingua hebrea, alfabeto e pronunciación
Linguas semíticas | ||
---|---|---|
Ugarítico † | Fenicio † | Púnico † | Hebreo | Amonita † | Moabita † | Edomita † | Arameo | Acadio † | Babilonio † | Asirio † | Árabe | Sudarábiga | Etiópico |