Academia da Lingua Hebrea

institución académica

A Academia da Lingua Hebrea (en hebreo: הָאָקָדֶמְיָה לַלָּשׁוֹן הָעִבְרִית, ha-akademya la-lashon ha-ivrit) foi fundada polo Goberno de Israel en 1953 como a «Institución Suprema para o Estudo da Lingua Hebrea».

Academia da Lingua Hebrea
Tiporegulador lingüístico e statutory corporation
Data de fundación1953
Fundador(es)Eliezer Ben-Yehuda
SedeXerusalén
EnGivat Ram
PaísIsrael
31°46′20″N 35°11′55″L / 31.772316666667, 35.198530555556
Na rede
http://hebrew-academy.org.il
Facebook: AcademyOfTheHebrewLanguage Twitter: HebAcademy Instagram: hebrew_academy Youtube: UCUyIswo1ZdNu0GOvlXmHtlw TikTok: hebrew_academy Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

A Academia substituíu o Consello da Lingua Hebrea (Vaʻad ha-lashon ha-ʻIvrit) establecido en 1890 por Eliezer Ben-Yehuda, quen foi o seu primeiro presidente. Conforme o hebraico se converteu na lingua falada en Palestina e foi adoptada polo sistema educativo, o Consello da Lingua Hebrea publicou numerosos boletíns e dicionarios. Acuñou miles de palabras que están en uso diario actualmente.

A súa sucesora, a Academia da Lingua Hebrea, continuou con esta misión e é responsábel da creación de novas palabras en hebraico, a fin de adaptarse ás mutacións da propia sociedade contemporánea.

Embora o negocio da academia sexa crear novas palabras a partir de raíces e estruturas hebreas para substituír préstamos derivados doutras linguas, o seu propio nome é un préstamo, "akademya". Ela mesma aborda esta ironía na súa páxina web.[Cómpre referencia]

O obxectivo da academia, tal como se define na súa Constitución, é «dirixir o desenvolvemento da lingua hebrea de acordo coa súa natureza» (לכוון את דרכי התפתחותה של הלשון העברית לפי טבעה). A Academia é a encargada de establecer a variedade padrón do hebraico moderno baseada no desenvolvemento histórico do idioma; mais élle outorgada a última palabra no que respecta a asuntos relacionados con ortografía, gramática, transliteración e puntuación. Ademais, tamén redacta un Dicionario Histórico Hebreo.

Organización editar

A Academia está integrada por 23 membros, entre eles lingüistas, profesores en estudos xadaicos e bíblicos, así como catedráticos doutras disciplicas, poetas, escritores e tradutores, entre outros. As decisións da Academia son de carácter obrigatorio para todas as reparticións oficiais israelís.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas: editar