Mitanni

(Redirección desde «Khurri»)

Mitanni e tamén Mittani (nas fontes asirias Hanigalbat ou Khanigalbat) foi un reino hurrita situado ao norte de Siria que existiu desde antes do -1500. O nome como concepto xeográfico foi utilizado máis tarde para as terras entre o Khabur e o Éufrates. O nome Mitanni conservaríase entre os kurdos (a tribo Motikan) que habitan xusto os mesmos territorios do antigo reino. Foi un reino de estrutura feudal, dirixido por unha aristocracia militar indoairania que chegaría á zona sobre o -1800 ou -1700.

Modelo:Xeografía políticaMitanni

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 37°38′58″N 39°53′31″L / 37.649569, 39.89186
CapitalTell el Fakhariya (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua oficialHurrian (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Creación1650 a. C. Editar o valor en Wikidata
Disolución1260 a. C. Editar o valor en Wikidata

Xeografía

editar
 
Localización dos principais sitios arqueolóxicos da Anatolia hitita

Os seus límites son entre Nuzi (preto de Kirkuk) e o Tigris polo leste e Alepo e a Siria central polo oeste. O centro era o río Khabur. As súas capitais serían Washukanni (Ushshukana en asirio, a palabra sánscrita vasukhani quere dicir "mina de riqueza, vasu é tamén unha palabra luvita que quere dicir "bo" e en kurdo moderno Bashkani tradúcese por "fonte de auga boa") e Taite (Taidu en asirio).

Economía

editar

A zona principal permitía a agricultura sen ningún sistema de rego artificial. A gandería, sobre todo de ovellas e cabras, tamén se desenvolvía na rexión. A poboación do país foi hurrita e amorita.

O nome

editar

Mitanni foi probabelmente un termo nativo do país. Os hititas chamaban ao país Hurri ou Khurri (talvez Hurla) e un texto de Mursilis I (século -XVI) menciona a un "reis dos hurritas". Os asirios e acadios cítano como Hanigalbat (Khanigalbat) e os asirios non usaron o nome Mitanni ata unha época na que xa o reino non existía (indicando entón un termo xeográfico e non político). Os exipcios cítano como Naharina (en acadio quere dicir "río"). Mitanni é mencionado por primeira vez nas fontes exipcias sobre o -1480 nas memorias dun oficial exipcio chamado Amememhet, que serviu debaixo Amenhotep I (sobre -1525-1504) e talvez os seus dous sucesores.

Poboación

editar

A poboación suponse que era hurrita, e a clase dirixente indoirania, pero sobre o -1500 a familia real xa falaba o hurrita segundo as cartas de Amarna a pesar de levar nomes indoarianos. Persoas con nome hurrita están testemuñadas nunha gran zona de Siria, rexións que non pertencían inicialmente a Mitanni. No século –XIV numerosas cidades de Siria e Canaán serían gobernadas por persoas con nomes hurritas, pero estes gobernantes non teñen vinculación coñecida con Mitanni e as diferenzas dialectais e relixiosas (os diferentes panteóns) suxiren un desenvolvemento separado.

Historia

editar

As fontes para a historia de Mitanni non son nativas e tense que utilizar as fontes hititas, asirias e sirias e, en menor medida, exipcias. Iso fai difícil as datacións. Suponse que os estados ou cidades-estado hurritas se uniron á caída de Babilonia despois do -1594 cando se produciu o ataque dos hititas á cidade e os posteriores ataques casitas. A debilidade de Asiria nesa época, a conquista hitita de Alepo, seguida por loitas internas hititas, crearon un baleiro de poder na zona que favoreceu a expansión do reino de Mitanni.

O primeiro rei identificado foi Kirta ao que seguiu o seu fillo Shuttarna I. Barattarna ou Parattarna de Mitanni expandiuse ao oeste e dominou o reino de Alepo; o rei Idrimi de Alalakh converteuse en vasalo seu; despois sometéronse os reis de Kizzuwatna e de Arrapha; antes do -1500 dominaba sobre Asiria. Durante o reinado de Sausatatar as loitas internas dos hititas mantivéronos no interior de Anatolia e o reino de Isuwa, ademais Kizzuwatna, foi aliado dos hurritas contra os hititas.

Despois duns anos de combates, a metade do século –XV estableceuse un statu quo cos exipcios en Siria, e os dous estados volvéronse aliados, boa relación testemuñada en tempos de Shuttarna II, que enviou á súa filla Kilu-Hepa para casar co faraón Amenhotep III.

Á morte de Shuttarna estouparon as loitas pola sucesión. Tushratta, fillo de Shuttarna logrou o poder cando xa as relacións con Exipto se arrefriaran e os hititas iniciaban unha fase expansiva (Imperio Hitita Novo). Asiria independizouse e o hitita Suppiluliumas I puido establecer reis vasalos nas fronteiras, reinos que antes eran tributarios de Mitanni.

A metade do século –XIII estouparon novas loitas sucesorias cos asirios e os hititas favorecendo a diferentes candidatos. Os hititas conquistaron Washukanni e entronizaron ao seu pretendente favorecido Shattiwaza ou Mattiwaza, fillo de Tushratta, que se converteu en vasalo do gran rei hitita, pero o reino quedou reducido á rexión central do río Khabur. A situación mantívose igual por un tempo ata que no -1270 Asiria conquistou Mitanni, que finalmente foi anexionado e convertido no vicerreinado ou provincia de Hanigalbat.

Lista de reis

editar