Shuttarna III foi probabelmente rei de Mitanni asociado ao seu pai Artatama II sobre o -1350 (é posíbel que só gobernase en nome do pai e non fose correxente).

Modelo:BiografíaShuttarna III
Biografía
Nacementoséculo XIV a. C. Editar o valor en Wikidata
Morteséculo XIV a. C. Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiArtatama II Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Coincidindo coa toma do poder sobre todo o reino grazas aos hititas e á morte de Tushratta pouco despois, Mitanni foi invadido por Asiria, aliada co reino de Alshe. Shuttarna III, que se decantaba pola alianza asiria, logrouna, pero tivo que ordenar a devolución aos asirios das portas de ouro do palacio que lle foran arrebatadas polo rei Sausatatar sobre o -1440. Tamén eliminou á familia de Tushratta e á nobreza opositora. Actuou con man de ferro contra os inimigos pero parece que foi popular entre a xente.

Sobre o -1340 o rei hitita Suppiluliumas I enviou ao seu fillo Piyashshilis cun exército contra Mitanni, acompañado do pretendente Mattiwaza, fillo do ex rei Tushratta; cruzaron o Éufrates en Karkemish e marcharon a Irridu, xa en territorio hurrita. Mattiwaza enviara mensaxeiros e esperaba un recibimento caloroso do pobo hurrita, pero en realidade Shuttarna III conseguira o favor popular e os hititas non eran ben recibidos.

Shuttarna enviou un exército contra os hititas, pero foi derrotado no distrito de Irridu e Irrite e Harran sometéronse. Unha revolta estoupou en Washukanni e os asirios enviaron axuda, pero "só un carro de combate", o que pareceu ofensivo a Shuttarna, que lles negou a entrada na cidade; entón os asirios asediaron Washukanni (a capital estaba en Taite).

Os círculos dirixentes da cidade enganaron aos hititas e fixéronlles crer que os asirios estaban alí para loitaren con eles e os hititas que estaban en Pakarripa, que se sometera, marcharon contra os asirios; pero unha vez estes foron postos en fuga, rendéronse a Mattiwaza e enviou unha mensaxe a Piyasilis e Mattiwaza que estaban en Irrite, chamándoos a Washukanni. As forzas asirias retiráronse diante da superioridade do inimigo, e Mattiwaza entrou na capital e foi proclamado rei. Os hititas achegáronse a Taite perseguindo aos asirios, pero estes retiráronse. A sorte de Shuttarna III (e de Artatama II) é descoñecida, pero probabelmente Shuttarna III morreu nas loitas que seguiron, e Artatama II puido restar en Taite ata a súa morte (probabelmente cuns 80 anos ou máis) recoñecido polos hititas en honor á súa antiga alianza.