Barattarna (Paratarna : "gran sol"), foi rei de Mitanni, o terceiro dos coñecidos, e reinou probabelmente preto do -1500.

Barattarna
Nacemento1510 a. C.
Falecemento1480 a. C.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

É coñecido por unha inscrición atopada en Nuzi e por outra do rei Idrimi de Alalakh. Expandiuse ao oeste e dominou Emar e o reino de Alepo (Iamkhad); o rei Idrimi de Alalakh converteuse no seu vasalo; despois sometéronse os rei de Kizzuwatna e de Arrapha; para o -1500 dominaba sobre Asiria. É posíbel que fose o rei de Naharina (nome segundo os exipcios), que sobre o -1482 se enfrontou cos exipcios como poder protector dunha coalición de principados sirios aliados encabezada por Qadesh, que impuxo a hexemonía de Mitanni na rexión.

Crese que o sucedeu Parsatatar.