Juan Francisco Camacho de Alcorta

político español

Juan Francisco Camacho de Alcorta, nado en Cádiz o 26 de setembro de 1813.[1][2] e finado en Madrid o 23 de xaneiro de 1896[3] foi un financeiro e político español, que destacou por ser ministro de Facenda durante o reinado de Amadeu I, a Iª República, o reinado de Afonso XII e maila rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena.

Infotaula de personaJuan Francisco Camacho de Alcorta

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Juan Francisco Camacho Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de febreiro de 1813 Editar o valor em Wikidata
Cádiz, España Editar o valor em Wikidata
Morte23 de xaneiro de 1896 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Lista de gobernadores do Banco de España
1891 – 1892
Lista de gobernadores do Banco de España
outubro de 1883 – xaneiro de 1884
Senador de España
Deputado no Congreso dos Deputados
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Liberal-Conservador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Nace nunha familia tradicionalista de pai gaditano e nai vasca. O pai foi Intendente Honorario de Provincia e, posibelmente, de aí viña a súa relación coa economía porque non se lle coñece formación nin carreira universitaria[4]. En 1832, tiña o rango de capitán nas Milicias Nacionais.[5]

Evolución política editar

De carácter moderado tivo unha evolución política notable pois foi membro da Unión Liberal case dende a fundación. Despois pasaría polo Partido Constitucional e a partir de 1880 afiliouse ao Partido Liberal, recentemente fundado. Despois de deixar o Partido Liberal pasou a militar no Partido Conservador.

Foi elixido deputado de Alacant entre 1853 e 1858, e por Valencia entre 1858 e 1871. En 1872 saíu senador por Ourense e Murcia e optou por Murcia[3]. Retornou nas eleccións xerais de 1876 ao Congreso dos Deputados por Alacant de novo (distrito de Alcoi)[6], aínda que en 1878, renunciou a ese escano para ser nomeado senador vitalicio.

Cargos editar

En 1857 foi nomeado Director Xeral do Tesouro baixo as ordes de Alejandro Mon y Menéndez. Foi ministro de Facenda en 5 ocasións e con diferentes réximes. Durante o reinado de Amadeo de Savoia, entre o 20 de febreiro e o 26 de maio de 1872 no goberno presidido por Sagasta. Repetiu o cargo dende o 13 de maio ao 3 de setembro de 1874, durante a Primeira República española no goberno do que foi presidente Juan Zavala de la Puente e dende o mesmo 3 de setembro ao 31 de decembro, cun novo goberno de Sagasta. Durante a Restauración, que levou ao trono de Afonso XII foi de novo ministro do goberno que presidía Sagasta (1881-1883) desde o 2 de novembro de 1881 ao 9 de xaneiro de 1883 e, finalmente, durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena, ocupou por última vez a carteira de Facenda entre o 27 de novembro de 1885 e o 2 de agosto de 1886, no goberno do que foi presidente de novo Sagasta.

Despois de mudar de partido e entrar no Partido Conservador, foi nomeado gobernador do Banco de España en dúas ocasións, entre 1883 e 1884 , e entre 1891 e 1892.

Actuacións editar

Entre as súas principais actuacións como ministro inclúen a creación en 1881, do Corpo de Avogados do Estado[7], a reorganización da Inspección das Finanzas Públicas e unha ventaxosa conversión da débeda pública en 1881, así como a reorganización dos ingresos públicos, como por exemplo: o establecemento dunha Contribución Industrial e do Comercio[7] que causaría a protesta de tódolos gremios e o seu proxecto de venda dos bosques nacionais, que tamén foi moi impopular e que provocaron protestas e unha forte oposición[8]; o restablecemento do imposto de Consumos (abolido na Gloriosa) e a creación do imposto de Dereitos Reais (antes denominado imposto hipotecario e imposto sobre traslacións do dominio)[7].

Cando en 1881 chega ao Ministerio de Facenda descatouse que o seu antecesor, o conservador Fernando Cos-Gayón, tiña xa elaborado un proxecto para arranxar o problema da débeda que acabou provocando a caída do goberno. Porén, Juan Francisco Camacho conseguiu sacalo adiante a final de ano. Foi a primeira reestruturación de débeda voluntaria e pactada -até entón todas as anteriores foran obrigadas- que se beneficiou da boa coxuntura internacional aproveitada polo ministro. O proxecto de conversión da débeda consistiu na reorganización dos títulos públicos e conseguiu diminuír o endebedamento do Estado e reducir fortemente as cargas financeiras. Así puido presentar o orzamento de 1882, por vez primeira, sen déficit.[9] Canto Camacho abandonou o ministerio, a débeda reducírase dun 200% do PIB (1879) a un 70% (1886).[9]

Tamén destacou como home de negocios e impulsor de diferentes iniciativas empresariais como a Sociedade Española Mercantil e Industrial, que era a corporación da casa Rothschild en España.[10] Foi Director xeral da Compañía Arrendataria de Tabacos durante un breve período no que tivo que facer fronte a un grave conflito coas traballadoras ao intentar aplicar medidas rigorosas; e tamén directivo da Compañía de Ferrocarril Madrid-Zaragoza.


Predecesor:
Santiago de Angulo Ortiz de Traspeña
José Echegaray Eizaguirre
Manuel Orovio Echagüe
Fernando Cos-Gayón y Pons
 Ministro de Facenda 
1872
1874
1881 - 1883
1885-1886
Sucesor:
José Elduayen Gorriti
Pedro Salaverría y Charitu
Justo Pelayo de la Cuesta Núñez
Joaquín López Puigcerver
Predecesor:
Antonio Romero Ortiz
 Gobernadores do Banco de España 
1883-1884
Sucesor:
Francisco de Cárdenas Espejo

Notas editar

  1. Comín & Martorell (2006), p. 370.
  2. Na documentación do Ministerio de Facenda aparece o 16 de setembro: http://www.minhafp.gob.es/Documentacion/Publico/SGT/LIBRO%20MINISTROS%20DE%20HACIENDA/242-303.pdf Arquivado 08 de setembro de 2017 en Wayback Machine.
  3. 3,0 3,1 "Expediente personal del senador D. Juan Francisco Camacho de Alcorta". senado.es. Consultado o 07-09-2017. 
  4. Lozano Peña, Noelia (2008). El fondo antiguo en la biblioteca de Juan Francisco Camacho. p. 11. 
  5. "Juan Francisco Camacho" (PDF). minhafp.gob.es. p. 254-255. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08-09-2017. Consultado o 08-09-2017. 
  6. "Camacho de Alcorta, Juan Francisco". congreso.es. Consultado o 07-09-2017. 
  7. 7,0 7,1 7,2 Calvo Ortega, Rafael (2008). "El ministro Camacho y sus aportaciones a la fiscalidad". Crónica tributaria (126): 87–90. 
  8. "Biografía de Juan Francisco Camacho". Base documental d'Història Contemporània de Catalunya. Consultado o 06-09-2017. 
  9. 9,0 9,1 Muller, John. "La España de Camacho". elmundo.orbyt.es. Consultado o 06-09-2017. 
  10. Comín & Martorell (2006), p. 369.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Comín, Francisco; Martorell, Miguel (2006). "Juan Francisco Camacho: un liberal templado". En Comín, Francisco. La Hacienda por sus Ministros. La etapa liberal de 1845 a 1899. Zaragoza: Prensas Universitarias de Zaragoza. pp. 369–404. ISBN 9788477337799. 
  • Múgica de Urquía, Enrique José (1976). Vida y obra de Juan Francisco Camacho. Madrid: Universidad Complutense de Madrid. Facultad de Ciencias Políticas y Sociología. Tesis inédita.
  • Velaguer Gastela, Ublado e J.G.F (1889). Apuntes biográficos del Excmo. Señor Juan Francisco Camacho. Madrid: Establecimiento tipográfico de Fortanet.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar