Abrir o menú principal

Justo Pelayo de la Cuesta Núñez

Justo Pelayo de la Cuesta Núñez, nado en Marín o 1 de novembro de 1823 e falecido en Madrid o 15 de abril de 1889, foi un avogado e político, ministro de Facenda durante o reinado de Afonso XII, no gabinete de José Posada Herrera.

Justo Pelayo de la Cuesta Núñez
Justo Pelayo Cuesta (cropped).jpg
Nacemento1 de novembro de 1823
 Marín
Falecemento15 de abril de 1889
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Tras estudar Dereito nas universidades de Compostela e Madrid, logrou o doutoramento en 1846, iniciando a súa carreira política ó obter unha acta de deputado no Congreso por Pontevedra nas eleccións de 1853, escano que volvería obter nas eleccións celebradas entre 1863 e 1865. En 1872 pasou ó Senado ó resultar elixido por Ávila sendo, en 1881, nomeado senador vitalicio.

Foi ministro de Facenda entre o 9 de xaneiro e o 13 de outubro de 1883.


Predecesor:
Juan Francisco Camacho de Alcorta
 Ministro de Facenda 
1883
Sucesor:
José Gallostra y Frau

Véxase taménEditar