Pep Guardiola
Josep 'Pep' Guardiola i Sala, nado en Santpedor (Barcelona) o 18 de xaneiro de 1971, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol español, que dirixe o Manchester City dende 2016. Amplamente considerado como un dos mellores adestradores de tódolos tempos, é o segundo técnico con máis títulos da historia, cun total de 36, só por detrás de Alex Ferguson. Entre as súas conquistas conta con tres Ligas de Campións da UEFA, tres ligas españolas de Primeira División, tres Bundesligas alemás e cinco Premier Leagues inglesas, e é o único adestrador en ter gañado en dúas ocasións o triplete de liga, copa e máxima competición europea (unha co FC Barcelona e outra co Manchester City).
Pep Guardiola | |||
---|---|---|---|
![]() Guardiola en 2015 | |||
Información persoal | |||
Nome | Josep Guardiola i Sala | ||
Nacemento | 18 de xaneiro de 1971 (52 anos) | ||
Lugar de nacemento | Santpedor | ||
Altura | 1,80 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Manchester City (adestrador) | ||
Carreira xuvenil | |||
Gimnàstic Manresa | |||
1983–1990 | Barcelona | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1990–1992 | Barcelona B | 59 | (5) |
1990–2001 | Barcelona | 263 | (6) |
2001–2002 | Brescia Calcio | 11 | (2) |
2002–2003 | Roma | 4 | (0) |
2003 | Brescia Calcio | 13 | (1) |
2003–2005 | Al-Ahli | 18 | (2) |
2005–2006 | Dorados de Sinaloa | 10 | (1) |
Total | 378 | (17) | |
Selección nacional | |||
1991–1992 | España sub-21 | 2 | (0) |
1992–2001 | España | 47 | (5) |
1995–2005 | Cataluña | 7 | (0) |
Adestrador | |||
2007–2008 | Barcelona B | ||
2008–2012 | Barcelona | ||
2013–2016 | Bayern München | ||
2016– | Manchester City | ||
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Como futbolista xogaba de centrocampista e desenvolveu a maior parte da súa carreira deportiva no Barcelona, co que gañou seis ligas e unha Copa de Europa entre outros títulos. Foi internacional coa selección española, coa que participou no Mundial de 1994 e na Eurocopa de 2000, ademais de gañar a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1992.
Traxectoria editar
Xogaba de centrocampista e o seu primeiro equipo foi o Fútbol Club Barcelona. Coa selección de fútbol de España disputou os Xogos Olímpicos de 1992, o Mundial de 1994 en Estados Unidos e a Eurocopa en 2000. Comezou adestrando ao FC Barcelona B, na súa primeira campaña no filial do club Catalán, onde lograría o ascenso de categoría. O 8 de maio de 2008 foi designado pola xunta directiva para adestrar ao Fútbol Club Barcelona para a tempada 2008/2009, en substitución de Frank Rijkaard, club co que acadou un fito histórico ao facer un sexteto coa consecución da Liga española, a Copa do Rei a Copa da Champions League, a Supercopa de España a Supercopa de Europa e o Mundial de Clubs.
Palmarés editar
Como futbolista editar
- Barcelona B
- Segunda División B (1): 1990/91.
- Barcelona
- Liga de España (6): 1990/91, 1991/92, 1992/93, 1993/94, 1997/98, 1998/99.
- Copa do Rei (2): 1996/97, 1997/98.
- Supercopa de España (4): 1991, 1992, 1994, 1996.
- Copa de Europa (1): 1991/92.
- Recopa de Europa (1): 1996/97.
- Supercopa de Europa (2): 1992, 1997.
- España
- Xogos Olímpicos (1): Medalla de ouro 1992.
Como adestrador editar
- Barcelona B
- Terceira División (1): 2007/08.
- Barcelona
- Liga de España (3): 2008/09, 2009/10, 2010/11.
- Copa do Rei (2): 2008/09, 2011/12.
- Supercopa de España (3): 2009, 2010, 2011.
- Liga de Campións (2): 2008/09, 2010/11.
- Supercopa de Europa (2): 2009, 2011.
- Copa Mundial de Clubs da FIFA (2): 2009, 2011.
- Bayern de Múnic
- Bundesliga (3): 2013/14, 2014/15, 2015/16.
- Copa de Alemaña (2): 2013/14, 2015/16.
- Supercopa de Europa (2): 2013.
- Copa Mundial de Clubs da FIFA (1): 2013.
- Manchester City
- Premier League (5): 2017/18, 2018/19, 2020/21, 2021/22, 2022/23.
- FA Cup (2): 2018/19, 2022/23.
- EFL Cup (4): 2017/18, 2018/19, 2019/20, 2020/21.
- Community Shield (2): 2018, 2019.
- Liga de Campións (1): 2022/23.
- Supercopa de Europa (1): 2023.
Distincións individuais editar
- Mellor adestrador masculino do mundo pola FIFA: 2011
- Incluído no equipo do ano da UEFA: 2009, 2011
- Mellor adestrador do mundo pola IFFHS: 2009, 2011
- Mellor adestrador do mundo pola revista World Soccer: 2009, 2011
- Once de Ouro ao mellor adestrador de Europa: 2009, 2011
- Premio LFP ao mellor adestrador da Liga de España: 2009, 2011
- Trofeo Miguel Muñoz ao mellor adestrador da Liga de España: 2009, 2010
- Premio Don Balón ao mellor adestrador da Liga de España: 2009, 2010
- Fillo predilecto de Santpedor: 2009
- Premio Catalán do ano: 2009
- Real Orden del Mérito Deportivo na categoría Medalla de Ouro:2010
- Medalla de Honra do Parlamento de Cataluña: 2011
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pep Guardiola |
Predecesor: Frank Rijkaard |
Adestrador do FC Barcelona 2008–2012 |
Sucesor: Tito Vilanova |