Tito Vilanova

futbolista e adestrador de fútbol español

Francesc "Tito" Vilanova i Bayo, nado en Bellcaire d'Empordà (Xirona) o 17 de setembro de 1968 e finado en Barcelona o 25 de abril de 2014[1], foi un futbolista e adestrador de fútbol español. Como futbolista, a súa posición foi a de centrocampista e xogou tres tempadas en Primeira no Celta de Vigo. Como adestrador, foi o segundo de Pep Guardiola na mellor etapa da historia do FC Barcelona e como primeiro adestrador gañou o título de Liga acadando os 100 puntos.

Infotaula de personaTito Vilanova

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de setembro de 1968 Editar o valor em Wikidata
Bellcaire d'Empordà, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de abril de 2014 Editar o valor em Wikidata (45 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaEspaña Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomes'Tito' Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura178 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista , adestrador de fútbol Editar o valor em Wikidata
EmpregadorFutbol Club Barcelona, head coach (en) Traducir (2012–2013)
Futbol Club Barcelona, assistant coach (en) Traducir (2008–2012) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Futbol Club Barcelona
1988-1990 FC Barcelona B 52(6)
1990-1992 Unió Esportiva Figueres 72(6)
1992-1995 Real Club Celta de Vigo 26(1)
1995-1996 Club Deportivo Badajoz 33(2)
1996-1997 RCD Mallorca 10(0)
1997-1998 Unió Esportiva Lleida 21(3)
1998-2000 Elche CF 63(6)
2000-2001 Unió Deportiva Atlètica Gramenet 28(2) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
-   Selección de fútbol de Cataluña Editar o valor em Wikidata
  Adestrador enllaç= enllaç=
-   Futbol Club Barcelona Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosAdrià Vilanova (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm5072635 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Tito, á dereita, sentado no banco do Barça B detrás de Guardiola.

Como xogador editar

Como futbolista formouse nas categorías infantís do Barça entre 1984 e 1990. Nesa época foi cando coñeceu a Guardiola, sendo amigos desde entón.

A súa carreira como xogador profesional comezou na UE Figueres, coa que xogou a promoción de ascenso a primeira división contra o Cádiz CF a tempada 1991/1992. Continuou no Real Club Celta tres anos en primeira división, no CD Badajoz, no Real Mallorca, na UE Lleida e no Elche CF. Retirouse na UDA Gramenet.

Como adestrador editar

Comezou a adestrar no FC Palafrugell, e seguiu no Figueres e no Terrassa FC antes de regresar ao Barça. Comezou a tempada 2007-08 como segundo adestrador de Pep Guardiola no FC Barcelona B, acadando o ascenso á 2ª B logo de quedar en primeira posición do grupo V da 3ª división. A tempada seguinte (2008-09) Guardiola pasou a adestrar o primeiro equipo do Barça, e Tito Vilanova tamén foi o segundo adestrador até o remate da tempada 2011-2012.

No partido de volta da Supercopa de España de Fútbol de 2011 foi un dos protagonistas da liorta que houbo ao remate do partido, na que José Mourinho lle meteu un dedo no ollo.

En novembro de 2011 foi operado no hospital do Vall d'Hebron de Barcelona, intervíndolle a glándula parótide[2]. O 27 de abril de 2012, na rolda de prensa de despedida de Pep Guardiola, foi anunciado como próximo adestrador do primeiro equipo do FC Barcelona.

O seu debut como primeiro adestrador do Barça en competición oficial foi o 19 de agosto de 2012 nun partido de liga contra a Real Sociedad que acabou cun resultado de 5-1 favorable aos blaugrana.[3] Malia que perdeu a Supercopa de España contra o Real Madrid pola regra do gol en campo contrario, conseguiu gañar os seus seis primeiros partidos de Liga, marca que só conseguiran antes catro técnicos do Barcelona;[4] e os tres primeiros de Liga de Campións, éxito que só conseguira Carles Rexach.[5] Posteriormente, pasou á historia por firmar o mellor comezo na historia do Barcelona[6] e o mellor de tota a historia da Liga.[7][8]

En decembro de 2012 recaeu dun cancro na glándula parótide que xa tratara o ano anterior. A recaída obrigouno a suspender temporalmente o seu labor como adestrador do FC Barcelona, ocupando o seu cargo o seu asistente Jordi Roura.[9][10]

O 19 de xullo de 2013 o presidente do Barça, Sandro Rossell, e o director da Área de Fútbol, Andoni Zubizarreta, convocaron unha rolda de prensa na Cidade Deportiva do Barça[11] para anunciar que Tito Vilanova sufrira unha nova recaída na súa enfermidade e que abandonaba o Barça.[12]

O 24 de abril de 2014 foi operado na Clínica Quirón de Barcelona logo de sufrir uns problemas gástricos[13] que agravaron a súa xa delicada situación, e morreu o día seguinte.[14]

Palmarés editar

Como adestrador editar

Como segundo adestrador do Barça conseguiu:

Como primeiro adestrador do Barça conseguiu:

Notas editar

  1. "Muere Tito Vilanova tras luchar dos años y medio contra el cáncer", artigo en La Vanguardia, 25 de abril de 2014 (en castelán).
  2. "Tito Vilanova rep l'alta hospitalària i ja és a casa", artigo no Diari Ara 362, 29 de novembro de 2011 (en catalán).
  3. Capdevila, Josep (19 de agosto de 2012). Sport, ed. "... Y Villa hizo que la fiesta fuese completa". 
  4. Massafret, Ignasi (30 de setembro de 2012). FC Barcelona, ed. "Tito iguala el mejor inicio en Liga". 
  5. Marca, ed. (24 de outubro de 2012). "Vilanova iguala a Rexach ganando los tres partidos" (PDF). p. 17. [Ligazón morta]
  6. FC Barcelona, ed. (3 de novembro de 2012). "Tito Vilanova firma el mejor arranque del Barça en la Liga". 
  7. Segura, Anna (1 de decembro de 2012). FC Barcelona, ed. "El Barça logra el mejor arranque de la historia de la Liga". 
  8. Font, Sergi (2 de decembro de 2012). "Tito ya es leyenda". Marca. 
  9. Diari Ara, ed. (19 de decembro de 2012). "Tito Vilanova recau en la malaltia". 
  10. El País, ed. (19 de decembro de 2012). "Vilanova recae de su enfermedad". 
  11. fcbarcelona.cat, ed. (19 de xullo de 2013). "Roda de premsa de Rosell i Zubizarreta aquest divendres a les 20.30 hores". 
  12. Cadena SER, ed. (19 de xullo de 2013). "Tito Vilanova deja el banquillo del Barça al recaer en su enfermedad". Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2019. Consultado o 26 de abril de 2014. 
  13. Diari Ara, ed. (25 de abril de 2014). "Tito Vilanova, operat a la Clínica Quirón de Barcelona". 
  14. Marca, ed. (25 de abril de 2014). "Mor Tito Vilanova". 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar