Abrir o menú principal

Copa Mundial de Clubs da FIFA 2011

Toyota Iocoama
Estadio Toyota Estadio Internacional de Iocoama
35°05′04.02″N 137°10′14.02″L / 35.0844500, -137.1705611 (Estadio Toyota) 35°30′36.16″N 139°36′22.49″L / 35.5100444, -139.6062472 (Estadio Internacional de Iocoama)
Capacidade: 45.000 Capacidade: 72.327
Toyota sta 0313 2.JPG NISSANSTADIUM20080608.JPG

A Copa Mundial de Clubs da FIFA 2011 foi a 7ª edición oficial do torneo organizado pola FIFA para determinar o club campión do mundo de fútbol. Despois de 2 anos disputándose en Emiratos Árabes Unidos, no ano 2011 o campionato viaxou de volta a Xapón, concretamente a Toyota e Iocoama. Os encontros comezaron o 8 de decembro e remataron o 18 de decembro coa final.

EquiposEditar

Os equipos participantes foron os 6 campións continentais da AFC, CAF, Concacaf, Conmebol, UEFA e OFC, e o equipo campión da liga local, o Kashima Reysol:

Cadro do torneoEditar

Os dous equipos considerados favoritos, como son os campións da Liga de Campións da UEFA e da Copa Libertadores, agardaron rival directamente en semifinais. O FC Barcelona xogou fronte ó Kashiwa Reysol, equipo que eliminou ó Auckland City no encontro preliminar, e ó CF Monterrey nos cuartos de final. O Santos FC xogou fronte ó Al-Sadd SC, gañador do encontro de cuartos de final fronte ó Espérance ST. Tanto FC Barcelona como Santos FC gañaron os seus encontros de semifinais, de xeito que a final foi a prevista.

Eliminación preliminar
8 de decembro - Toyota
  Kashiwa Reysol
2
  Auckland City
0

O cadro do torneo na edición 2011 foi o seguinte:

Final
Competición Copa Mundial de Clubs da FIFA
Tempada 2011
Estadio Estadio Internacional Iocoama
Capacidade 68.166
Campión Fútbol Club Barcelona
Finalista Santos Futebol Clube
Resultado 4 - 0 (Messi 2, Xavi, Cesc)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Campión


 
 
 
 
 
 
 
Finalista


Cuartos de Final Semifinais Final
                           
11 de decembro - Toyota        
    Kashiwa Reysol   1 (4)
14 de decembro - Toyota
    CF Monterrey   1 (3)
    Kashiwa Reysol   1
Quinto posto
      Santos FC   3  
    CF Monterrey   3
18 de decembro - Iocoama
    Espérance ST   2
    Santos FC   0
14 de decembro - Toyota 11 de decembro - Toyota
      FC Barcelona   4
    Espérance ST   1
15 de decembro - Iocoama
    Al-Sadd SC   2    
    Al-Sadd SC   0
Terceiro posto
        FC Barcelona   4  
    Kashiwa Reysol   0 (3)
    Al-Sadd SC   0 (5)
18 de decembro - Iocoama

A final estivo dominada dende o comezo polo FC Barcelona, que xa se adiantou por 3 goles a 0 antes do descanso, con goles de Messi, Xavi e Cesc. Na segunda metade Messi anotou un gol mais, e foi elixido mellor xogador da final. Con esta vitoria, o equipo catalán acadou a súa 2ª Copa Mundial de Clubs (trala acadada en 2009), e polo tanto, o seu 17º título internacional (trala Liga de Campións 2010-11 e a Supercopa de Europa 2011).

Véxase taménEditar