Copa Mundial de Clubs da FIFA 2006

A Copa Mundial de Clubs da FIFA de 2006 (en inglés FIFA Club World Cup 2006 presented by Toyota) é un torneo de fútbol organizado pola FIFA en colaboración con Toyota que se disputou no Xapón do 10 ó 17 de decembro de 2006. Trátase dun Mundial de Clubs para o que se cualifican os campións das 6 rexións continentais do mundo.

Equipos participantes editar

Ó longo do ano 2006 os seguintes equipos cualificáronse a través das súas respectivas competicións continentais:

  Jeonbuk Hyundai Motors Vencedores da Liga de Campións da AFC de 2006
  FC Barcelona Vencedores da Liga de Campións da UEFA 2005-06
  Club América Vencedores da Copa de Campións da CONCACAF de 2006
  Al-Ahly Vencedores da Liga de Campións da CAF de 2006
  SC Internacional Vencedores da Copa Libertadores 2006
  Auckland City FC Vencedores do Campionato de Clubs de Oceanía de 2006

Cadros de xogadores editar

Artigo principal: Cadros de xogadores da Copa Mundial de Clubs da FIFA de 2006

En total e entre as seis escuadras participantes, participan 138 xogadores e 6 adestradores principais de 23 países diferentes.

Estadios utilizados editar

 
Entrada do International Stadium of Yokohama, sede da final do campionato.
Cidade Estadio Capacidade
Toquio Tokyo National Stadium 49.970
Toyota City Toyota Stadium 45.000
Yokohama International Stadium of Yokohama 73.237

Estrutura do torneo editar

Os representantes dos seis continentes xogan un torneo eliminatorio. Os encontros dos cuartos de final saen dun sorteo entre os equipos da CAF, da AFC, da CONCACAF e da OFC, mentres que os equipos da UEFA e da CONMEBOL pasan directamente para semifinais. Os equipos derrotados en cuartos de final xogan polo quinto posto, e os que caen en semifinais, polo terceiro.

Inicialmente considerouse invitar a unha escuadra local, idea que se rexeitou. Ademais, trala saída de Australia da OFC, o representante de Oceanía, o Auckland City FC, será totalmente afeccionado, así que se considerou que xogara un play-off de cualificación contra o campión da J-League, a liga xaponesa de fútbol, nese momento o Gamba Osaka, o que tamén se rematou por rexeitar.

Cadro do torneo editar

Cuartos de Final Semifinais Final
                           
10 de decembro - 19:20 Toyota        
   Auckland City   0
13 de decembro - 19:20 Toquio
   Al-Ahly   2
   Al-Ahly   1
Quinto posto
     Internacional   2  
   Auckland City   0
17 de decembro 19:20 - Yokohama
   Jeonbuk   3
   Internacional   1
15 de decembro 19:20 - Toquio 11 de decembro - 19:20 Toquio
     FC Barcelona   0
   Jeonbuk   0
14 de decembro - 19:20 Yokohama
   Club América   1    
   Club América   0
Terceiro posto
       FC Barcelona   4  
   Al-Ahly   2
   Club América   1
17 de decembro 16:20 - Yokohama


Tódalas horas son as locais do Xapón, UTC +9.

Ligazóns externas editar

Copa Mundial de Clubs da FIFA
2000 · 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011