Jordi Roura

futbolista español

Jordi Roura i Solà, nado en Llagostera (Xirona) o 10 de setembro de 1967, é un exfutbolista catalán, que ocupaba a posición de centrocampista ou dianteiro, e que foi adestrador do Futbol Club Barcelona no 2013.

Jordi Roura
Jordi Roura
Información persoal
Nome Jordi Roura i Solà
Nacemento 10 de setembro de 1967 (56 anos)
Lugar de nacemento Llagostera
Altura 1.72 metros
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
Barcelona
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1984-1989 Barcelona Atlètic 46 (2)
1988-1990 Barcelona 10 (0)
1991-1992Real Murcia (cedido) 11 (1)
1992-1993 Figueres 13 (0)
1994 Sant Andreu
Selección nacional
1990-1993 Cataluña Cataluña 2 (0)
Adestrador
1996-1998 Yokohama Flügels (asistente)
2012-2013 Barcelona (2º adestrador)
2013 Barcelona
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Como xogador editar

Despois de pasar polas categorías de alevín e infantil da Unió Esportiva Llagostera,[1] Jordi Roura continuou a súa formación nas categorías inferiores do FC Barcelona. Militou no equipo filial antes de debutar no primeiro equipo na tempada 1988/89, na que xogou 8 partidos en Primeira División. O ano seguinte xogou dous máis cos blaugrana. Sen continuidade no FC Barcelona, marcha cedido ao Real Murcia, onde xoga a tempada 1991/92 na Segunda División. O ano seguinte ficha pola UE Figueres, tamén na categoría de prata.[2] En 1994 ficha pola UE Sant Andreu.[3]

Como adestrador editar

O 15 de xuño de 2012, xa retirado como futbolista, asinou o contrato como segundo adestrador de Tito Vilanova no FC Barcelona.[4]

Dirixiu o equipo durante dous partidos despois da expulsión do primeiro adestrador contra o Osasuna. Tamén foi o elixido para facerse cargo do primeiro equipo desde o 19 de decembro de 2012, día no que Tito Vilanova tivo que prepararse para unha intervención cirúrxica a causa dun cancro, ata o 2 de abril de 2013, cando Vilanova volveu para dirixir novamente o equipo. Durante este período, o conxunto catalán caeu nas semifinais da Copa do Rei, mantivo con solvencia o liderado da Liga e avanzou aos cuartos de final da Liga de Campións.

O 19 de xullo de 2013 converteuse no máximo responsable do primeiro equipo, despois da dimisión forzada e inesperada de Tito Vilanova, cargo que ocupou ata o 26 de xullo, data na que foi presentado o substituto de Vilanova, Gerardo 'Tata' Martino. Durante este breve período de tempo, dirixiu o equipo nun amigable que xogou o Barça contra o FC Bayern München de Pep Guardiola, partido que gañaron os alemáns por 2-0. Despois da presentación oficial do Tata, dirixiu ao Barcelona en dous partidos amigables máis, contra o Valerenga (0-7) e o Lechia Gdansk (2-2).

O 19 de maio de 2014, o FC Barcelona anunciou o seu nomeamento como director do fútbol formativo blaugrana,[5] cargo no que substituíu a Guillermo Amor.

Notas editar

  1. Moll i Casamitjana, Pinsach i Estanyol, Dani, Jordi (1980). Butlletí de Llagostera, ed. "Entrevista a Jordi Roura. De Llagostera al primer equip del Barça" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xullo de 2014. Consultado o 12 de xuño de 2014. 
  2. Mundo Deportivo, ed. (3 de setembro de 1992). "UE Figueres". 
  3. Mundo Deportivo, ed. (31 de xaneiro de 1994). "El ex azulgrana Roura llega a un acuerdo con el Sant Andreu". 
  4. "Jordi Roura, com a segon entrenador, i Aureli Altimira, com a preparador físic, també han signat el seu contracte", FC Barcelona en Twitter.
  5. FC Barcelona, ed. (19 de maio de 2014). "Canvis en l’organigrama tècnic de l’àrea de futbol". 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar