Josef Albers nado en Bottrop o 19 de marzo de 1888 e finado en New Haven, Connecticut, o 25 de marzo de 1976, foi un artista e profesor alemán cuxo traballo, tanto en Europa como nos Estados Unidos, creou a base dalgúns dos programas de educación artística máis influentes do século XX. A súa esposa foi a tamén artista Anni Albers.

Infotaula de personaJosef Albers

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de marzo de 1888 Editar o valor em Wikidata
Bottrop, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Morte25 de marzo de 1976 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
New Haven, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesAlbers, Yozef
Albers, Joseph Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeAlemaña
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónAcademia de Belas Artes de Munique (pt) Traducir
Bauhaus
Willem de Kooning Academy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Dessau
México
New Haven
Weimar
Essen
Múnic
Black Mountain (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor , gravador , escultor , glass artist (en) Traducir , deseñador , profesor universitario , fotógrafo , educador Editar o valor em Wikidata
EmpregadorBlack Mountain College (1933–1949)
Universidade Yale Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoArte abstracta Editar o valor em Wikidata
MovementoOp art e Arte abstracta Editar o valor em Wikidata
ProfesoresFranz von Stuck (pt) Traducir e Johannes Itten Editar o valor em Wikidata
AlumnosFlorence Henri e Sewell Sillman (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
RepresentanteDavid Zwirner Gallery (en) Traducir e Artists Rights Society Editar o valor em Wikidata
Participou en
27 de xuño de 19684. documenta (en) Traducir
16 de xullo de 1955documenta (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeAnni Albers (1925–1976)
Premios

Musicbrainz: db3db810-9fb2-4f4c-8abf-773089484af3 Discogs: 1487391 WikiTree: Albers-267 Find a Grave: 16028856 Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Estudos e primeiros traballos editar

Albers naceu en Bottrop, Westfalia. Desde 1901 até 1905 estudou na universidade de maxisterio de Büren e logo ensinou como profesor de escola primaria. En 1908 viu por primeira vez as obras de Paul Cézanne e Henri Matisse no Museo Folkwang en Essen. Inspirado por Piet Mondrian en 1913 pintou o seu primeiro cadro abstracto.

Albers estudou arte na Real Escola de Arte en Berlín de 1913 a 1915, e na Escola de Arte en Essen de 1916 a 1919; despois estudou na Academia das Artes de Prusia con Franz von Stuck e de 1919 a 1920 na Academia de Belas Artes en Múnic ata que en 1920 entrou na Escola da Bauhaus en Weimar (a partir de 1925 en Dessau, de 1932 a 1933 en Berlín). Comezou a ensinar no Departamento de Deseño en 1923 e foi ascendido a profesor en 1925, o mesmo ano en que a Bauhaus se mudou a Dessau. O seu traballo neste momento incluía o deseño de mobles e de traballo co vidro. Nesa época casou con Anni Albers que era entón unha estudante da Bauhaus.

Vida nos Estados Unidos editar

Co peche da Bauhaus baixo a presión nazi en 1933, Albers emigrou aos EE.UU e uniuse á facultade do Black Mountain College (Carolina do Norte), encargándose do programa de arte até 1949.

Entre os seus alumnos máis importantes nesta institución estiveron John Cage, Robert Rauschenberg, Cy Twombly, Ray Johnson, Susan Weil, Donald Judd e Merce Cunningham. Tamén se formaron alí varios iberoamericanos, como a cubano-mexicana Clara Porset.

De 1934 a 1936 foi membro do grupo de artistas de París Abstraction-Création.

En 1935, viaxou coa súa muller por primeira vez a Cuba e México, e quedaron moi impresionados pola arquitectura e a súa influencia foi duradeira. Así mesmo, coñeceron o arquitecto Luis Barragán e a súa obra.

De 1950 a 1958, Albers dirixiu o Departamento de Deseño da Universidade Yale, en New Haven (Connecticut), onde, entre outras cousas, ensinou a Richard Anuszkiewicz, Eva Hesse e Richard Serra. En 1953 regresou como profesor convidado á Hochschule für Gestaltung (HfG), a escola de deseño de Ulm, Alemaña, xunto a Max Bill. En 1962, como bolseiro da Universidade Yale, recibiu unha subvención da Graham Foundation para realizar unha exposición e conferencia sobre o seu traballo.

Após xubilarse en Yale en 1958, Albers continuou vivindo e traballando en New Haven coa súa esposa, a artista téxtil Anni Albers, até o día do seu falecemento.

Estilo e evolución da súa obra editar

Consumado deseñador, fotógrafo, tipógrafo e poeta, Albers é principalmente lembrado como pintor abstracto. Favoreceu un achegamento moi disciplinado á composición e publicou varios libros e artigos sobre a teoría da forma e a cor, e realizou diversas obras pictóricas neste sentido. As máis coñecidas son as súas rigorosas series Homenaxe ao cadrado, que empezou en 1949, onde explora as interaccións cromáticas entre cadrados de distintas cores organizadas concentricamente no lenzo (en 1983 foron a capa dunha edición escolar da Enciclopedia Larousse). As súas teorías sobre a arte e o seu ensino foron de gran valor formativo para a seguinte xeración de artistas.

O traballo de Albers representa unha transición entre a arte europea tradicional e a arte norteamericana. Incorpora as influencias dos construtivistas, o movemento Bauhaus, e a innovación da HfG; a súa intensidade e a pequena escala son tipicamente europeas. Con todo, a súa influencia reduciuse fortemente nos artistas americanos da década de 1950 e 1960.

Albers experimentou cunha gran cantidade de efectos de cores, formas, liñas e áreas entre si, coa subxetividade da percepción visual: "Só as aparencias non enganan". Cos seus debuxos sobre a base das ilusións ópticas, foi xunto a Victor Vasarely fundador do Op art. Neste contexto, as súas series máis famosas son parte da Homenaxe ao cadrado, onde tentou explorar a interacción da cor nun formato regular dado. E demostrou (por se fixese falta) que a cor é un fenómeno completamente relativo; as cores cambian constantemente segundo a súa xustaposición e relación con outras cores. "Un mesmo ton pode parecer diferente cando se coloca sobre diferentes fondos, e diferentes cores poden parecer case iguais cando se asocian a distintos fondos. É así que un mesma cor permite innumerables lecturas". Por tanto, Albers é tamén un dos representantes de Hard edge.

Albers tamén colaborou con Rei-lui Wu, arquitecto e profesor de Yale, na creación de deseños decorativos para algúns dos seus proxectos. Entre estas atópanse as chemineas xeométricas distintivas das casas de Rouse (1954) e DuPont (1959), a fachada da Sociedade do Manuscrito, unha das sociedades secretas de Yale (1962), e un deseño para a Igrexa Bautista Bethel (1973). Ademais, neste tempo traballou na súa constelación de pezas estruturais. En 1963 publicou Interacción da Cor que presentaba a súa teoría de que as cores se rexen por unha lóxica interna e enganosa. Tamén durante este tempo, creou a cuberta abstracta do álbum do director de orquestra Enoch Light da compañía discográfica Command Lp Records.

As súas obras máis coñecidas son:

  • 1920 - 1 Vidreiras para a casa Sommerfeld.
  • 1924 "Park" Tate Gallery, Londres .
  • Episodio de 1942 do Grafische Tektonik, Museo de Josef Albers Quadrat, Bottrop.
  • Arredor de 1950, a serie Homenaxe ao cadrado. Museo de Josef Albers Quadrat, Bottrop.

Institucións editar

Josef Albers participou en Documéntaa celebrada nos anos 1955 e 1968 en Kassel. En 1970 converteuse en cidadán honorario da súa cidade natal de Bottrop, á que máis tarde doou unha gran parte dos seus bens cos que se estableceu o Museo de Josef Albers Quadrat.

En 1971 (case cinco anos antes da súa morte), fundou xunto á súa dona a Fundación Josef Albers e Anni Albers, unha organización sen ánimo de lucro que esperaba que fose "a revelación e a evocación da visión a través da arte". Hoxe en día, esta organización serve como a oficina de bens tanto de Josef Albers e Anni Albers, e realiza exposicións e publicacións centradas nas obras dos Albers. O edificio oficial da Fundación está situado en Bethany, Connecticut e "inclúe unha central de investigación e un centro de almacenamento de arquivos para dar cabida ás coleccións de arte da Fundación, biblioteca e arquivos, e oficinas, así como estudos de residencia para artistas visitantes."

O representante de dereitos de autor dos EE. UU. para a Fundación Josef e Anni Albers é a Artists Rights Society. O director executivo da fundación é Nicholas Fox Weber.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Christopher Knight (Maio, 2008), Robert Rauschenberg, 1925 - 2008: He led the way to Pop Art Los Angeles Times.
  • Albers, Josef (1975). Interaction of Color. New Haven: Yale University Press. ISBN 978-0-300-11595-6.
  • Masheck, Joseph (Dec-Jan 2009-2010). "ALBERS’ RECORD JACKETS: Doing an Artful Job". The Brooklyn Rail.
  • Bucher, François (1977). Josef Albers: Despite Straight Lines: An Analysis of His Graphic Constructions. Cambridge, MA: MIT Press.
  • Danilowitz, Brenda; Fred Horowitz (2006). Josef Albers: to Open Eyes : The Bauhaus, Black Mountain College, and Yale. Phaidon Press. ISBN 978-0-7148-4599-9.
  • Diaz, Eva (2008). "The Ethics of Perception: Josef Albers in the United States". Volume XC, número 2 (xuño): The Art Bulletin.
  • Harris, Mary Emma (1987). The Arts at Black Mountain College. Cambridge, MA: The MIT Press.
  • Weber, Nicholas Fox; Fred Licht (1988). Josef Albers: A Retrospective (exh. cat.). Nova York: Guggenheim Museum Publications. ISBN 978-0-8109-1876-4.
  • Weber, Nicholas Fox; Fred Licht, Brenda Danilowitz (1994). Josef Albers: Glass, Color, and Light (exh. cat., Peggy Guggenheim Collection, Venice). Nova York: Guggenheim Museum Publications. ISBN 978-0-8109-6864-6.
  • Wurmfeld, Sanford; Neil K. Rector, Floyd Ratliff (1 de agosto de 1996). Color Function Painting: The Art of Josef Albers, Julian Stanczak and Richard Anuszkiewicz. Contemporary Collections. ISBN 978-0-9720956-0-0.
  • Romeu Sánchez, Elena (2014). Josef Albers : la Interacción de la Matière en el arte y en la arquitectura.Tese (mestrado), E.T.S. Arquitectura (UPM). Arquivo Dixital UPM

Ligazóns externas editar