Annieliese Fleischmann, nada en Berlín o 12 de xuño de 1899 e finada en Orange, Connecticut, o 9 de maio de 1994, foi unha deseñadora, tecedora, pintora e deseñadora de téxtiles alemá, profesora da Escola de Bauhaus, coñecida como Anni Albers.[1][2]

Infotaula de personaAnni Albers
Biografía
Nacemento(de) Annelise Fleischmann Editar o valor em Wikidata
12 de xuño de 1899 Editar o valor em Wikidata
Berlín, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Morte9 de maio de 1994 Editar o valor em Wikidata (94 anos)
Orange, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesAlbers, Annie
Fleischmann, Annelise
Fleischmann, Anneliese
Anneliese Else Frida Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeAlemaña
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónBauhaus Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoTéxtil, Xoiaría e Artes têxteis (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndeseñadora , deseñadora téxtil , deseñadora de xoias , pintora , litógrafo , profesora universitaria , artista téxtil , autora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorBlack Mountain College Editar o valor em Wikidata
ProfesoresJohannes Itten Editar o valor em Wikidata
AlumnosSheila Hicks (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
RepresentanteDavid Zwirner Gallery (en) Traducir e Artists Rights Society Editar o valor em Wikidata
Participou en
Medusa, Bijoux et tabous (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeJosef Albers (1925–1976) Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webalbersfoundation.org Editar o valor em Wikidata
WikiTree: Fleischmann-96
Deseño para un tecido Jacquard Weaving, 1926. Tinta negra, acuarela transparente e opaca e grafito sobre papel sobre tecido crema. Museo de Arte de Harvard
A Bauhaus de Dessau

Primeiros anos editar

Naceu en Berlín nunha familia acomodada de orixe xudía convertida ao protestantismo. A súa nai, Toni Fleischmann-Ullstein, procedía dunha coñecida familia de editores xudeus alemáns, os Ullstein, e o seu pai, Siegfried Fleischmann, era un importante fabricante de mobles.[3]

Durante os seus días escolares, Anni recibiu clases particulares de arte. No libro Ullsteinroman ("A novela dos Ullstein") Sten Nadolny di que Anni era o máis perigoso para a familia Fleischmann, no sentido do máis revolucionario, que tamén era o máis fermoso e quería ser unha artista bohemia.

Cando tiña 17 anos ingresou no estudo de pintura e arquitectura de Martin Brandenburgen en Berlín, onde a pesar de ser desanimada por Oskar Kokoschka, licenciouse en educación artística. Máis tarde tentou ingresar na Escola de Belas Artes de Dresden, pero fracasou e en 1919 marchou e matriculouse na Escola Téxtil da Escola de Arte de Hamburgo.

Carreira profesional editar

Na Bauhaus editar

En 1922 ingresou na escola Bauhaus de Weimar como estudante, onde tomou o curso preliminar con Georg Muche e Johannes Itten. As mulleres non podían acceder a algunhas disciplinas, polo que Anni non puido entrar no taller de vidro no segundo ano e tivo que optar polo taller de teceduría dirixido por Gunta Stölzl. O deseño téxtil Bauhaus centrouse máis no campo da práctica profesional durante esta década e cando completou os seus estudos no curso 1929/30, Annie xa demostrara sobradamente a súa competencia nesta área. Por exemplo, creou un exitoso tecido insonorizado, reflectante e lavable (feito principalmente de algodón e celofán) especificamente para un auditorio de música.

En 1925 casou co artista e pedagogo Josef Albers, que ese mesmo ano, co cambio de sede a Dessau, foi nomeado director dos cursos de iniciación do centro e de quen tomou o apelido de casada. Anni desenvolveu tecidos innovadores que combinaban propiedades de reflexión da luz, absorción de son e durabilidade; publicáronse varios dos seus deseños e encargáronselle varios tapices. Durante un tempo foi alumna de Paul Klee e logo da marcha de Gropius da Bauhaus, a parella Albers mudouse aos aloxamentos do profesorado xunto a Klee e Wassily Kandinsky.

En 1931 foi nomeada directora da área e fábrica de tecidos da escola, como substituta de Gunta Stölzl, e foi unha das profesoras da sede central de Dessau e das poucas mulleres encargadas dun taller na Bauhaus.

Nos Estados Unidos editar

Despois de que Hitler chegase ao poder en 1933 e do peche da Bauhaus baixo a presión do partido nazi, Anni e o seu marido exiliáronse nos Estados Unidos invitados por Philip Johnson a ensinar en Carolina do Norte durante dez anos (de 1939 a 1949). Durante estes anos Anni participou en exposicións e escribiu artigos sobre deseño. En 1949 converteuse na primeira deseñadora en realizar unha exposición monográfica no MOMA (Nova York).

A partir de 1936 viaxou numerosas veces a México e América do Sur, case sempre co seu marido, onde estudou e recolleu materiais e técnicas de traballo, especialmente a arte precolombiana, que tivo unha grande influencia no seu traballo e deseños.

Despois de deixar a docencia, en 1949 a parella mudouse a Connecticut e Anni traballou por libre, dedicándose aos seus propios deseños de fabricación e téxtiles, aínda que tamén o faría en determinados momentos para varias firmas como Florence Knoll, e outras. Durante a década de 1950 traballou en deseños téxtiles producidos en serie, creando a maioría dos seus tecidos pictóricos e publicou artigos e unha colección cos seus escritos.

En 1963 no Taller de Litografía do Tamarind Institute dos Ánxeles foi invitada a experimentar coas técnicas de impresión, interesándose pola litografía e a serigrafía.

Exposicións (selección curta) editar

Recoñecementos editar

  • 1961. O Instituto Americano de Arquitectos (AIA) concedeulle a Medalla de Ouro polo seu traballo de artesanía.

Notas editar

  1. The Josef & Anni Albers Foundation, ed. (2021). "Chronology". albersfoundation.org. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2021. Consultado o 14 de xullo de 2021. 
  2. Cores, Nani F. (7 de outubro de 2017). "Anni Albers, la mujer que tejió el arte, en el Guggenheim". 20minutos.es (en castelán). Consultado o 14 de xullo de 2021. 
  3. Bauhaus-Frauen – Meisterinnen in Kunst, Handwerk und Design, Ulrike Müller, ISBN 978-3-938045-36-7
  4. "ANNI ALBERS. TOCAR LA VISTA". guggenheim-bilbao.eus (en castelán). Consultado o 14 de xullo de 2021. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Anni Albers: Sobre el diseño. Pellango Press, New Haven 1959, 1965, 2003
  • Anni Albers; Ignacio Bernal u. a.: Pre-Columbian Mexican miniatures. The Josef and Anni Albers collection. Praeger, Nova York, Washington 1970
  • Anni Albers: Bildweberei, Zeichnung, Druckgrafik. Ausstellungskatalog. Düsseldorf. Kunstmuseum; Berlin Bauhaus-Archiv, 1975

Ligazóns externas editar