Richard Serra
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2024.) |
Richard Serra, nado en San Francisco, o 2 de novembro de 1939 e finado en Long Island no Estado de Nova York[1] debido a unha pneumonía o 26 de marzo de 2024, foi un escultor minimalista estadounidense coñecido por traballar con grandes pezas de aceiro corten (COR-TEN).[2]
Traxectoria
editarFormación académica
editarEstudou Literatura na Universidade de California, Berkeley, entre 1957 e 1961. Posteriormente estudou Arte na Universidade Yale. Mentres vivía na Costa Oeste, traballaba nunha aceiraría, actividade que lle influíu no seu traballo.
Primeiros traballos
editarNos primeiros traballos de Serra eran completamente abstractos; feitos de chumbo fundido lanzado contra a parede dun estudo ou dun espazo da sala dunha galería ou exposición. Era un claro exemplo da Arte Procesual.
Os rolos de chumbo eran deseñados para ceder nun certo tempo.
Minimalismo e estruturas de aceiro Cor-Ten
editarSerra é máis coñecido polas súas construcións minimalistas de grandes rodelos e de follas de aceiro corten. Moitas destas pezas son autosustentábeis e acentúan o peso e a natureza dos materiais. As súas esculturas de aceiro en exteriores, levan un proceso inicial de oxidación, pero despois de 8 a 10 anos, esta cor mantense relativamente estábel.
En 1981, Serra instalou o Tilted Arc, un muro de aceiro de 3.5 metros de altura curvado lixeiramente, na Praza Federal de Nova York. Houbo unha gran polémica sobre a instalación a partir do primeiro día, en gran parte por mor a que os traballadores dos edificios lindeiros queixáronse debido a que a parede de aceiro obstruía o paso a través da praza. Unha audiencia pública en 1985 votou a favor de que o traballo fora removido, pero Serra alegou que a escultura estaba no seu sitio específico e que non se podía colocar en calquera outro. Serra publicou unha declaración famosa onde dicía: “Quitar o traballo sería destruílo.” Finalmente, o 15 de marzo de 1989, a escultura foi desmontada polos traballadores federais e desfeita posteriormente.
Outro traballo famoso é xigantesca escultura Snake, un trío de sinuosas follas de aceiro que fan forma curva. Establecido permanentemente no espazo máis grande do Museo Guggenheim de Bilbao, onde máis adiante, no 2005, montaríase unha exposición de máis traballos de Richard Serra. Non obstante, non sempre lle foi ben no circuíto da arte en España; tamén ese mesmo ano, o Centro de Arte Raíña Sofía en Madrid anunciou que unha das súas esculturas, de 38 toneladas, “se perdera”.
No ano 2000, instalou o Charlie Brown, unha escultura de 60 pés de alto localizada na nova central de Gap Inc., en San Francisco. Para acelerar a oxidación, os aspersores foron dirixidos inicialmente cara ás catro lousas feitas de aceiro que compoñen o traballo. Na Bienal de Whitney 2006, Serra mostrou simplemente un debuxo de cera dun preso de Abu Ghraib co subtítulo “STOP BUSH”. Esta imaxe foi utilizada máis adiante polo Museo Whitney para facer os carteis para a bienal.
En 2010, recibiu o Premio Princesa de Asturias das Artes.
Notas
editar- ↑ "Morreu escultor norte-americano Richard Serra". contacto-online (en portugués). 2024-03-27. Consultado o 2024-03-27.
- ↑ "Richard Serra, um dos artistas mais importantes do século 20, morre aos 85 anos". G1 (en portugués). 2024-03-27. Consultado o 2024-03-27.
- ↑ "Fulcrum". Broadgate. Arquivado dende o orixinal o 2022-11-29. Consultado o 2016-02-14.
- ↑ Sudjic, Deyan (2015). London in Fifty Design Icons. Conran. pp. 66. ISBN 978-1840916928.
- ↑ Sudjic, Deyan (2015-09-04). "London's greatest design icons: from Regent's Park to Brick Lane via the M25". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2016-02-14.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Richard Serra |