Pepe Torres

futbolista galego
(Redirección desde «José Torres Mourelles»)

José Torres Mourelle, coñecido como Pepe Torres, nado en Ourense o 8 de outubro de 1901 e finado na Coruña o 19 de xaneiro de 1988, foi un futbolista e adestrador de fútbol galego. Considerado un dos mellores extremos galegos da historia,[1] destacou especialmente no Deportivo da Coruña das décadas de 1920 e 1930.[2]

Modelo:BiografíaPepe Torres
Nome orixinalJosé Torres Mourelle
Biografía
Nacemento8 de outubro de 1901 Editar o valor en Wikidata
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Morte19 de xaneiro de 1988 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Real Iberia
Olimpia SC
1919–1919 Real Club Coruña
1920–1922   Deportivo da Coruña
1922–1923   Racing de Ferrol
1923–1924   Deportivo da Coruña
1928–1934   Deportivo da Coruña
Familia
FillosCarlos Torres Barallobre Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Nacido en Ourense, ao pouco tempo trasladouse coa súa familia á Coruña, onde comezou a xogar ao fútbol.[1] Xogou no Real Club Coruña ata 1919, ano no que o club desapareceu.[3] Na tempada 1922/23 pasou polo Racing de Ferrol, co que xa disputara algúns partidos amigábeis na campaña anterior. Foi convocado coa selección galega, aínda que non chegou a xogar.[4]

Emigrou a Cuba durante un tempo, e alí xogou no Olimpia Sporting Club, co que conseguiu un título do Campionato Nacional cubano,[5] e no Real Iberia da Habana, xunto a outros galegos como Manuel Bergés, os irmáns Gonzalo, Edelmiro e O'Donell Lorenzo, ou o exdeportivista Cachán.[6] Co Iberia gañou os campionatos de 1926 e 1928, e chegou a formar parte da selección cubana.[7]

Volveu á Coruña en 1928, e en agosto xogou co Deportivo da Coruña en Riazor un partido amigábel fronte ao Celta de Vigo.[8] Un mes despois fichou polo Sporting Lugo, do que o seu irmán Antonio era dianteiro centro e membro da directiva.[9] Pouco despois foi contratado polo Deportivo co que disputou a tempada 1928–29, cun soldo de 400 pesetas ao mes. Foi un dos futbolistas titulares que xogaron o histórico primeiro partido do Deportivo en liga nacional fronte ao Alavés en Mendizorrotza.[10] No Deportivo formou unha célebre liña de ataque xunto a Triana, Paco León, Chacho e Diz, e destacou pola súa velocidade, os seus centros e a súa técnica, ata o punto de ser considerado como un dos mellores futbolistas galegos da historia.[1]

En 1932 xogou coa selección galega no Inferniño un partido contra o Racing de Ferrol en homenaxe a Manuel Rivera.[11] En 1933, nun derbi contra o Celta de Vigo, sufriu un duro choque contra Miguel Ángel Valcárcel, o que lle provocou unha grave lesión que o acabou afastando do fútbol.[12]

Exerceu como adestrador do Deportivo durante a tempada 1948-49.[13]

Foi directivo do Deportivo baixo as presidencias de Daniel Chaver, Virgilio Rodríguez, Aurelio Ruenes e Enrique Gómez, e en 1954 converteuse en presidente do Fabril. Foi ademais propietario da cafetería Marineda na Rúa Real e logo do bar Astoria, en cuxo primeiro piso se atopaba a sede do Fabril.[14][15]

Faleceu na Coruña o 19 de xaneiro de 1988, sendo soterrado no cemiterio de Santo Amaro.[1]

Persoal

editar

Casou con Isabel Barallobre Barro, coa que tivo un fillo, Carlos Torres, tamén destacado futbolista. O seu irmán Antonio tamén foi futbolista e militou entre outros no Lugo Sporting e no Racing de Ferrol.[16]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Murió Pepe Torres, uno de los mejores jugadores que dio el fútbol de Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de xaneiro de 1988. p. 44. 
  2. "Pucho Torres". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de outubro de 1992. p. 94. 
  3. "El Real Club Coruña vence al Real Club Fortuna por 4 goals a 2". El Ideal Gallego (en castelán) (639). 25 de febreiro de 1919. p. 4. Consultado o 20 de decembro de 2021. 
  4. Miranda, Carlos (18 de maio de 2016). "La otra Selección Galega, el equipo que se le resistió al Dépor". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 10 de outubro de 2019. 
  5. Parada, César (6 de xullo de 1928). ""Pepe" Torres y Santos Nosti Pelón". Diario de la Marina. 
  6. Pobes, José (1 de xullo de 2010). "Españoles en el fútbol cubano" (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2019. 
  7. "Selección Cubana que se enfrentará al equipo de Chile los días 11, 18 y 25". Diario de la Marina (en castelán). 4 de xaneiro de 1927. p. 18. Consultado o 20 de decembro de 2021. 
  8. "En Riazor - El partido de esta tarde". El Orzán (en castelán). 14 de agosto de 1928. 
  9. "De fútbol. Varias noticias". El Progreso (en castelán). 20 de setembro de 1928. 
  10. "Se cumplen 90 años del primer partido del Deportivo en el Campeonato Nacional de Liga" (en castelán). 17 de febreiro de 2019. Consultado o 9 de outubro de 2019. 
  11. "Homenaje a Rivera" (en castelán). 23 de agosto de 1932. Consultado o 10 de outubro de 2019. 
  12. "Torres se atrevería a jugar un partido en serio". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de xaneiro de 1943. p. 2. 
  13. "Adestradores do Deportivo". Web oficial do Deportivo (en castelán). Consultado o https://www.rcdeportivo.es/rcdeportivo/protagonistas/entrenadores. 
  14. "Historia do Fabril". Rafael Vacas (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2019. 
  15. Guillín, Pepe. "Pepe Torres Mourelle,un gran extremo". canaldeportivo.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2013. Consultado o 17 de novembro de 2021. 
  16. "Falleció en Lugo, Torres Mourelle". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de xaneiro de 1977. p. 28. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar