José Luis Fidalgo Veloso
José Luis Fidalgo Veloso, coñecido simplemente como Veloso, nado en Santiago de Compostela o 23 de marzo de 1937 e finado o 13 de novembro de 2019, foi un futbolista galego. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección española.
Nome orixinal | (es) José Luis Veloso | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 23 de marzo de 1937 Santiago de Compostela, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 13 de novembro de 2019 (82 anos) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 167 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 68 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1955 - 1973 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Foi un dos futbolistas máis destacados da historia do fútbol galego, destacando principalmente no Deportivo da Coruña, onde formou unha gran dupla goleadora con Amancio, ocupando na actualidade o cuarto lugar na táboa de máximos anotadores da historia do club, con 106 goles en 211 partidos. O seu rendemento na Coruña fixo que o fichase o Real Madrid de Miguel Muñoz, co que gañou tres ligas consecutivas e a Copa de Europa 1966/67. Posteriormente pasou polo Ourense e o Rayo Vallecano, retirándose finalmente no Compostela da súa cidade natal.
Traxectoria
editarInicios (1937-1958)
editarNaceu na compostelá rúa de Entrerríos a poucos metros do vello campo de Santa Isabel, no que seu tío traballaba de conserxe, polo que tiña acceso ao campo e ao uso dos balóns, e aínda que pretendía ser ciclista acabou por decantarse polo fútbol.[1]
Comezou no Águilas de Carretas,[2][3] pasando logo a destacar no tamén santiagués Eiriña, e xa con 15 anos foi elixido nunha selección santiaguesa para enfrontarse a seleccións doutras cidades galegas.[4] Pasou logo polo Basquiños e polo Club Santiago,[5][6] no que xogou dende 1955, debutando en Terceira División cunha ficha doutro xogador pois non tiña a idade necesaria.[1] En agosto de 1957 fichou polo Club Turista de Vigo, no que xogou unha tempada.[7]
Esplendor no Deportivo da Coruña (1958-1965)
editarNo verán de 1958 foi contratado polo Deportivo da Coruña, e xunto a el chegaron Amancio, Sobrín, Collar e Gelucho entre outros.[8] Debutou na Segunda División na xornada 2 fronte ao Girona, marcando o único gol do Deportivo, que perdeu ese partido por 3-1. Disputou 34 partidos esa tempada, marcando 12 goles.
Durante os seus primeiros catro anos no Deportivo formou unha gran dupla goleadora con Amancio,[9] anotando entre os dous 135 goles. Na terceira desas tempadas, a 1960/61, Veloso foi o máximo goleador da Segunda División, con 26 goles en só 24 partidos, mentres que anotou 16 ao ano seguinte, na tempada en que o equipo logrou o ascenso á Primeira División cinco anos despois.
Despois da marcha de Amancio ao Real Madrid no verán de 1962, Veloso xogou aínda tres anos máis no Deportivo, antes de tomar o mesmo camiño que o coruñés, fichando polo club branco en xullo de 1965.[10] Nos seus sete anos na Coruña xogou 211 partidos e marcou 106 goles, sendo no momento da súa marcha o segundo máximo anotador da historia do club, só por detrás de Chacho.
Etapa no Real Madrid (1965-1969)
editarO prezo do seu traspaso ao Real Madrid foi de seis millóns de pesetas, máis os xogadores Santos e Gullón que pasaron a ser do Deportivo.[11] Xunto a Veloso chegou ao Real Madrid o tamén deportivista Jaime Blanco.[12] Debutou co Real Madrid na primeira xornada da tempada 1965/66 fronte ao Sabadell e marcou os seus dous primeiros goles na súa seguinte aparición en liga fronte ao Sevilla. Debutou en competición europea o 9 de marzo de 1966 fronte ao Anderlecht na Copa de Europa, competición que o equipo acabou gañando ao final da tempada.
A súa mellor tempada no club branco foi a segunda (1966/67), na que marcou 11 goles en 20 partidos. Entre os seus goles no Madrid destacaron o que marcou no clásico fronte ao Barcelona no Bernabéu en 1966 (1-0) e o que anotou na Copa de Europa 1967/68 na prórroga fronte ao Ajax de Johan Cruyff, eliminando ao club neerlandés.[13]
Non conseguiu facerse coa titularidade nos seus catro anos no Real Madrid, nun equipo con dianteiros como Gento, Amancio, Grosso e Puskás, pechando a súa etapa como madridista con 41 partidos xogados, 20 goles anotados, 3 títulos de liga e unha Copa de Europa.
Ourense, Raio, Compostela e retirada (1969-1973)
editarEn 1969 fichou polo Ourense, de Segunda División, co que xogou unha tempada, anotando cinco goles.[14] Na tempada seguinte volveu a Madrid para fichar polo Rayo Vallecano, co que xogou dúas tempadas en Segunda, xogando 43 partidos e marcando 7 goles.[15] En outubro de 1972 regresou a Santiago de Compostela, fichando polo Compostela, no que xogou unha tempada ata a súa retirada do fútbol.[16]
Despois de deixar o fútbol rexentou un restaurante en Madrid.[17] Faleceu o 13 de novembro de 2019 aos 82 anos de idade.[11]
Selección nacional
editarFoi internacional coa selección española en catro ocasións e anotou tres goles.
Palmarés
editar- Deportivo
- Trofeo Pichichi (1): Segunda División 1960–61.
- Segunda División (2): 1960/61, 1963/64
- Real Madrid
- Copa de Europa (1): 1965–66.
- Liga de España (3): 1966–67, 1967–68, 1968–69.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Veloso: el santiagués que voló en el Dépor y reinó con el Madrid". El Correo Gallego (en castelán). 17 de novembro de 2019. Consultado o 2 de novembro de 2020.
- ↑ González et al. 2019, p. 22.
- ↑ "Fútbol en Órdenes". El Correo Gallego (en castelán). 9 de xaneiro de 1953. p. 4. Consultado o 2 de novembro de 2020.
- ↑ "Preparativos para formar la selección de Clubs Modestos de Santiago". La Noche (en castelán). 21 de marzo de 1953. p. 3. Consultado o 1 de novembro de 2020.
- ↑ "Victoria-Basquiños, en uno de los más trascendentales choques". El Correo Gallego (en castelán). 1 de decembro de 1955. p. 7. Consultado o 2 de novembro de 2020.
- ↑ "Veloso se muestra optimista ante el partido de Ares, frente al Numancia". La Noche (en castelán). 8 de decembro de 1955. p. 6. Consultado o 1 de novembro de 2020.
- ↑ "El Turista ante la campaña liguera". La Noche (en castelán). 31 de agosto de 1957. p. 3. Consultado o 30 de outubro de 2020.
- ↑ "De momento han sido fichados Ernesto Pons, Veloso y Geluco". La Noche (en castelán). 1 de xullo de 1958. p. 6. Consultado o 30 de outubro de 2020.
- ↑ "Fallece Veloso, uno de los grandes goleadores de la historia del Dépor". La Opinión A Coruña (en castelán). 13 de novembro de 2019. Consultado o 1 de novembro de 2020.
- ↑ "Veloso fichó por el Real Madrid". El Progreso (en castelán). 18 de xullo de 1965. p. 6. Consultado o 31 de outubro de 2020.
- ↑ 11,0 11,1 "Veloso, un dos máximos goleadores da historia do Deportivo, falece aos 82 anos". Real Club Deportivo da Coruña. 13 de novembro de 2019. Consultado o 2 de novembro de 2020.
- ↑ "Veloso y Jaime Blanco, al Real Madrid". La Noche (en castelán). 17 de xullo de 1965. p. 8. Consultado o 31 de outubro de 2020.
- ↑ Martín, Agustín (13 de novembro de 2019). "Falleció Veloso, el goleador que eliminó al Ajax de Cruyff". As (en castelán). Consultado o 1 de novembro de 2020.
- ↑ "Veloso fichó por el Orense". El Pueblo Gallego (en castelán). 1 de outubro de 1969. p. 16. Consultado o 1 de novembro de 2020.
- ↑ "Veloso, es del Rayo Vallecano". El Pueblo Gallego (en castelán). 21 de xuño de 1970. p. 18. Consultado o 1 de novembro de 2020.
- ↑ "Veloso, jugador del Compostela". El Pueblo Gallego (en castelán). 15 de outubro de 1972. p. 18. Consultado o 1 de novembro de 2020.
- ↑ ""Ya no hay delanteros como Veloso"". La Opinión A Coruña (en castelán). 14 de novembro de 2019. Consultado o 2 de novembro de 2020.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- González, Luis Miguel (2019). ¡Yo solo creo en Dios y en el Real Madrid!. La Esfera de los Libros. pp. es. ISBN 978-8491645177.