Emilio Sobrín
futbolista español
Emilio Sobrín Arias, nado en León, é un exfutbolista español. Xogaba de defensa.
Emilio Sobrín | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Emilio Sobrín Arias | ||
Nacemento | século XIX | ||
Lugar de nacemento | León | ||
Posición | Defensas | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1958–1961 | Deportivo da Coruña | 13 | (0) |
1960 | → Ponferradina | ||
1961–1962 | Ponferradina | ||
1962–1963 | Cultural Leonesa | ||
1963–1964 | Ponferradina | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
TraxectoriaEditar
Comezou xogando en varios equipos de Bembibre, pasando logo ao Atlético Bembibre e ao La Bañeza. En 1955 xogou no Recreativo Europa Delicias, filial do Valladolid e ao ano seguinte no Club Deportivo San Pedro de Ponferrada.[1]
En 1958 chegou ao Deportivo da Coruña, en Segunda División, debutando o 30 de novembro contra o Sestao. Estivo tres anos no club coruñés, sendo cedido á Ponferradina na primeira metade da tempada 1960/61.[2] Volveu na tempada seguinte á Ponferradina, onde xogou varios anos cun breve paréntese no que xogou na Cultural Leonesa.
NotasEditar
- ↑ "11 pioneros" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2020. Consultado o 2 de novembro de 2020.
- ↑ "José Antonio y Sobrín vuelven de Ponferrada". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de decembro de 1960. p. 6.