Antonio Collar Monterrubio
Antonio Collar Monterrubio, nado en San Juan de Aznalfarache (Sevilla) o 7 de marzo de 1933, é un exfutbolista español. Xogaba de defensa.
Valentín Suárez | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Valentín Suárez Fernández | ||
Nacemento | 7 de marzo de 1933 (91 anos) | ||
Lugar de nacemento | Provincia de Sevilla e San Juan de Aznalfarache | ||
Posición | Defensas | ||
Carreira xuvenil | |||
Atlético de Madrid | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1953–1958 | Atlético de Madrid | 9 | (1) |
1952–1953 | → Cádiz Club de Fútbol | ||
1954–1955 | → Real Murcia | 4 | (0) |
1958–1961 | Deportivo da Coruña | 46 | (11) |
1961–1967 | Las Palmas | 55 | (3) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria
editarComezou a xogar ao fútbol en Sevilla e logo en Madrid, formándose na Peña Noria, e foi despois fichado para as categorías inferiores do Atlético de Madrid xunto a dous dos seus irmáns. En 1952 o presidente do Cádiz CF foi á casa do pai de Antonio para expresar o seu desexo de que os catro irmáns Collar xogasen esa tempada no equipo andaluz, en Terceira División. A proposta foi aceptada e os catro irmáns, Juan de Dios, Pepe, Antonio e Enrique, xogaron a tempada 1952/53 no Cádiz cedidos polos seus respectivos clubs.[1][2]
Na tempada 1954/55 foi cedido xunto a Enrique ao Real Murcia, co que debutou en Segunda División fronte ao Jaén. Na tempada 1955–56 debutou co Atlético de Madrid en Primeira División. Nesa campaña e nas dúas seguintes xogou en 9 partidos e anotou un gol.
Na tempada 1960–61 fichou polo Deportivo da Coruña, en Segunda División. Nesa campaña foi titular no equipo adestrado por Jesús Barrio, acompañado na zaga por Manín, José Domínguez e Valentín Suárez. Ese ano o equipo coruñés logrou o terceiro posto, a 4 puntos do ascenso directo.
Na tempada 1961–62 fichou polo Las Palmas de Segunda División, onde permaneceu 6 campañas, sendo un habitual do equipo titular as tres primeiras. Na campaña 1963–64 logrou o ascenso a Primeira División.
Persoal
editarOs seus irmáns Juan de Dios, Pepe e Enrique Collar foron tamén futbolistas, sendo Enrique o máis destacado, con 16 tempadas no Atlético de Madrid e chegando a ser internacional coa selección española en 16 ocasións.
Notas
editar- ↑ "Reseña histórica: Hasta 4 Collar" (en castelán). 20 de decembro de 2019. Consultado o 2 de novembro de 2020.
- ↑ "Enrique Collar, dieciséis años de extremo rojiblanco". Marca (en castelán). 18 de febreiro de 2017. Consultado o 2 de novembro de 2020.