Ramón Grosso

(Redirección desde «Ramón Moreno Grosso»)

Ramón Moreno Grosso, nado en Madrid o 8 de decembro de 1943 e finado na mesma cidade o 13 de febreiro de 2002, foi un futbolista español que xogaba como dianteiro.

Grosso
Información persoal
Nome Ramón Moreno Grosso
Nacemento 8 de decembro de 1943
Lugar de nacemento Madrid
Falecemento 13 de febreiro de 2002
Lugar de falecemento Madrid
Altura 1,76 m.
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
Santo Domingo el Sabio
1959–1963 Real Madrid
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1963–1964 Plus Ultra 15 (13)
1964 Atlético de Madrid 12 (3)
1964–1976 Real Madrid 265 (54)
Selección nacional
1963–1964 España afeccionados 9 (9)
1964 España B 1 (0)
1967–1970 España 14 (1)
Adestrador
1984 Real Madrid Castilla
1987 Real Madrid Castilla
Na rede
UEFA: 38117 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Desenvolveu case toda a súa carreira futbolística no Real Madrid, co que militou durante 12 tempadas, disputando un total de 366 partidos oficiais nos que marcou 75 goles. Gañou 11 títulos, entre eles a Copa de Europa de 1966.[1] Foi sogro de Paco Llorente e avó de Marcos Llorente, ambos tamén futbolistas.

Traxectoria editar

Nacido en Madrid, ingresou no equipo xuvenil do Real Madrid aos 15 anos. Na tempada 1963/64 debutou co filial, o Plus Ultra, na Terceira División. En xaneiro de 1964 saíu cedido ao Atlético de Madrid, que ocupaba postos de descenso a Segunda. Con este equipo debutou na Primeira División, diante do Murcia, marcando o gol da vitoria nos minutos finais.[1]

Co equipo salvado, regresou ao Real Madrid, co que disputou a Copa do Xeneralísimo esa mesma tempada. Marcou un gol en cada un dos seus primeiros dous partidos co primeiro equipo branco, eliminando ao Indautxu por un resultado global de 10-2.

Aínda que tiña como compañeiros a xogadores como Amancio, Gento ou Puskás, Grosso foi o máximo goleador do equipo nas súas dúas primeiras tempadas completas, marcando 17 goles na 1964/65 e 11 na seguinte. Debutou na Copa de Europa o 23 de setembro de 1964, marcando un tanto na vitoria por 2-5 ante o Boldklubben 1909 en Odense.

Nos anos seguintes xogou en varias posicións, chegando mesmo a colocarse como porteiro nun partido do Trofeo Ramón de Carranza ante o Boca Juniors. Retirouse en 1976, aos 32 anos de idade.[2] O balance dos seus 12 anos no club branco foi de 366 partidos oficiais e 75 goles.[1] Conquistou sete ligas, tres Copas do Xeneralísimo e a Copa de Europa 1965/66, na que actuou como titular na final contra o Partizan.[3]

Durante as seguintes décadas continuou traballando no Real Madrid como adestrador na canteira. Na campaña 1986/87 dirixiu o Real Madrid Castilla na Segunda División durante 23 xornadas. O 24 de marzo de 1991, trala destitución de Alfredo Di Stéfano e antes do nomeamento de Radomir Antić, actuou como adestrador interino do primeiro equipo, ao que dirixiu nun empate 1-1 diante do Real Oviedo.[4]

Selección nacional editar

Foi 14 veces internacional coa selección española. Debutou o 1 de febreiro de 1967, nun empate sen goles contra Turquía no estadio Ali Sami Yen, correspondente á fase de clasificación para a Eurocopa de 1968,[5] e marcou o seu único gol coa selección no segundo partido entre os dous equipos, unha vitoria por 2-0 en Bilbao.[6]

Morte editar

Despois dunha longa loita contra o cancro, morreu o 13 de febreiro de 2002 no seu Madrid natal, aos 58 anos de idade.[5]

Vida persoal editar

Casou con Amparo Mateo, coa que tivo cinco fillos. A filla máis vella, María Ángela, casou co futbolista do Real Madrid Paco Llorente.[7][8] O seu neto Marcos Llorente é tamén futbolista.[1]

Palmarés editar

Real Madrid

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "De Grosso a Llorente, abuelo y nieto, dos Metropolitanos, 55 años después". Mundo Deportivo (en castelán). 21 de xuño de 2019. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  2. "Apretado programa de pretemporada para Real y Atlético de Madrid". El País (en castelán). 6 de agosto de 1976. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  3. "Real Madrid - Partizan 1966". UEFA (en inglés). Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  4. "Ya nadie respeta al Real Madrid". Mundo Deportivo (en castelán). 25 de marzo de 1991. p. 18. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  5. 5,0 5,1 "Grosso fallece a causa de una larga enfermedad". El Mundo (en castelán). 13 de febreiro de 2002. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  6. "Medio siglo después, España volverá a San Mamés" (en castelán). 15 de outubro de 2019. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  7. "Reacciones a la muerte de Grosso". El Mundo (en castelán). 13 de febreiro de 2002. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  8. Relaño, Alfredo (14 de marzo de 2021). "En el nombre del padre, del hijo y de los nietos". El País (en castelán). Consultado o 29 de setembro de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar