Johann Jakob von Tschudi

Johann Jakob von Tschudi, nado o 25 de xullo de 1818 en Glarus, cantón de Glarus (Suíza), e finado o 8 de outubro de 1889 en Lichtenegg, Baixa Austria (Imperio Austro-Húngaro), foi un naturalista, diplomático, lingüista, explorador suízo.

Infotaula de personaJohann Jakob von Tschudi
Biografía
Nacemento25 de xullo de 1818
Glarus, Suíza (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte8 de outubro de 1889
Lichtenegg, Baixa Austria (Imperio Austro-Húngaro)
Embaixador
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSuíza
País de nacionalidadesuíza
EducaciónUniversidade de Wurzburgo
Universidade de Leiden
Universidade de Zúric
Actividade
Campo de traballonaturalista, diplomático, lingüista, explorador
Lugar de traballo Perú (1838–1843) Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónexplorador , zoólogo , escritor , coleccionista de animais , lingüista , diplomático , ornitólogo , coleccionista de plantas Editar o valor em Wikidata
Membro de
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaTschudi Editar o valor em Wikidata
Arquivos en
Familia
FillosHugo von Tschudi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsFriedrich von Tschudi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Membro da Academia alemá das ciencias naturais Leopoldina
Membro da Academia de Ciencias de Baviera

Traxectoria editar

Tschudi estudou ciencias naturais e medicina. En 1838 viaxou ao Perú, onde permaneceu durante cinco anos explorando e coleccionando plantas e animais nos Andes. Entre 1857 e 1859 visitou Brasil e outros países de Suramérica.

En 1860 foi embaixador de Suíza, permanecendo neste cargo até 1868, dedicándose de novo a explorar e recolectar plantas e a coleccionalas para enviar aos museos de Neuchâtel, Glarus e Friburgo.

Tschudi colaborou co científico peruano fundador do Museo Nacional de Arqueoloxía Antropoloxía e Historia do Perú en Lima, Mariano Eduardo de Rivero y Ustariz, como coautor da obra Antigüedades Peruanas, publicada en Viena en 1851.

Obras editar

  • System der Batrachier, 1838.
  • '"Avium conspectus quae in Republica Peruana reperiuntur et pleraeque observatae vel collectae sunt in itinere". Archiv für Naturgeschichte 10: 262-317. Berlín: Nicholai'schen Buchhandlung.
  • Untersuchungen uber die Fauna Perus. St. Gallen, 1844-1847.
  • Peru, Reiseskizzen während der Jahre 1838-1842. St. Gallen, 1846.
  • Antigüedades peruanas (con Don Mariano de Rivero). Viena 1851.
  • Die Ketchuasprache. Viena, 1853.
  • Reise durch die Andes von Südamerika. Gotha, 1860.
  • Die brasilianische Provinz Minas-Geraes. 1863.
  • Reisen durch Südamerika. Leipzig, 1866-1869.
  • Ollanta, ein altperuanisches Drama, aus der Kechuasprache übersetzt und kommentiert. 1875.
  • Organismus der Khetsuasprache. Leipzig, 1884.

Abreviatura editar

A abreviatura Tschudi emprégase para indicar a Johann Jakob von Tschudi como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Dewulf, Jeroen (2007): Brasilien mit Brüchen. Schweizer unter dem Kreuz des Südens. Zürich: NZZ Verlag. ISBN 978-3-0382-3349-7.
  • Ratzel, Friedrich (1894): "Tschudi, Johann Jakob von". En: Allgemeine Deutsche Biographie (ADB). Vol. 38. Leipzig: Duncker & Humblot. pp. 749–752.